Exposición “Os principiños arredor do mundo. A colección de Carlos Casares”A partir do 22 de decembro, no Auditorio Municipal do Concello de Ourense, poderase visitar a exposición O principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares, na que se reúnen máis de 85 exemplares da obra de Saint-Exupéry en distintos idomas do mundo. Os exemplares foron coleccionados ao longo da súa vida por Carlos Casares, grande afeccionado do libro e tradutor da obra ao galego para a editorial Galaxia.

Esta exposición, organizada pola Fundación Carlos Casares, conta coa colaboración e o patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, a Deputación Provincial de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.