Imaxe da obra de teatro “Lela anda en bicicleta”A obra Lela anda en bicicleta é a primeira achega do Proxecto Toromelos, que se estreou o pasado xoves día 4 de marzo no teatro da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, diante de alumnos e profesores, e, ao día seguinte, deuse unha segunda función para alumnos dos colexios “Seis do Nadal” e “Virxe do Rocío”. A partir de agora seguirase representando para os escolares galegos, nunha primeira fase no mesmo teatro da ESAD e, posteriormente, en Santiago de Compostela e Ourense. A obra visitará tamén A Coruña, Lugo e Ferrol, sempre en teatros.

Lela anda en bicicleta é unha versión teatral do conto de Carlos Casares Lolo anda en bicicleta, realizada cun marcado carácter escénico centrado no traballo dos actores. O propósito da escolla deste conto é poñer en valor a capacidade de xogo, de autoaprendizaxe e de superación das propias limitacións, a través da figura do protagonista.

A obra está dirixida por Ricardo Solveira e representada por un elenco de alumnas e alumnos da ESAD de Galicia. O vestiario foi deseñado e realizado por alumnas da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, EASD, de Santiago de Compostela.

ACTORES E ACTRICES

Presentadora: Melania Pérez Cruz
Policía: Fran Lareu Rodríguez
Ferrateira: Eva Souto Silveira
Camareiro: Jorge Gallardo Rodríguez
Mendiga: Eva Alonso González e María Peinado Casal
Froiteira: Aida Sánchez Expósito
Señora: Catuxa García Moure
Pai: Jordi Fernández Fernández
Lela: Paula Santiago Pier

PROFESORES

Nuria Guillón (asesoramento vocal), Fran Núñez (deseño de iluminación),  Diego González Valeiras (Deseño e realización de escenografía), Carmen Pastoriza e Belén Otero Ares(vestiario), Roberto Pascual (texto da presentadora).

ALUMNAS DA EASD

Patricia Toma Caínzo, Leticia Gestido Fandiño, Carla López Bermúdez, Alicia Montaña Tojo, Sofía Fernández Fernández, Marga Arosa Silva, Lucía López Sieira e Cristina Matos Saavedra.

Deseño de cartel: Iván R.