Casares dálle a aperta ao Apóstolo (ano 2000)Así titula José A. Ponte Far, na sección “Conversaciones en la distancia” de La Voz de Galicia de hoxe, as dúas páxinas que dedica a sublimar a súa idea do escritor de Xinzo de Limia. “Era un conversador animado, divertido, culto e atento, e pasar o tempo falando con el era todo pracer. Porque tamén sabía escoitar.”

Nesta sección Ponte Far recolle interesantes fragmentos dun dos moitos encontros mantidos con Carlos Casares ao longo de varios anos de amizade. Fragmentos onde o perfil humano, dialogante e honesto de Casares queda ao descuberto, pero tamén a súa visión sobre a lingua galega, a súa concepción da escrita como medio invisible para chegar á historia e a inmensa capacidade do Casares como contador de contos.

Enlace“Conversaciones en la distancia” con Carlos Casares (José A. Ponte Far, La Voz de Galicia, 19 de maio de 2010)