Baixo este título evocador, La Voz de Galicia e a Fundación Carlos Casares recuperan, a partires de mañán día 1 de novembro, o dietario persoal que o escritor ourensán publicara na columna «Á marxe» dende 1992 ata 2002. Os artigos aparecerán diariamente na sección de Blogs da edición dixital de La Voz de Galicia. A data de cada artigo publicado en Á marxe do tempo coincidirá co día do mes da edición orixinal. Así, os lectores terán oportunidade de seguir, neste xogo temporal que moito compracería ao escritor, o pensamento e a particular visión do mundo de Carlos Casares.
Para unha achega cronolóxica a esta interesante obra xornalística, animamos aos interesados a acudir aos tomos que a Editorial Galaxia ven publicando dende 2005 na «Biblioteca Carlos Casares».