O pasado 26 de maio no Liceo de Ourense tivo lugar o acto literario de entrega do XI Premio Carlos Casares de microrrelato. O concurso, organizado pola entidade cultural ourensá está dotado cun premio de 1.500 euros, que recau este ano en Yose Álvarez-Mesa, polo seu traballo titulado “La cena de despedida”. O xurado estivo integrado polo presidente do Liceo, Maite González en representación do Grupo Cuevas, patrocinador do concurso, Teresa Devesa,  Loly CondeRosa EstévezSegismundo BobilloXavier Casares. Actuou como secretario Juan Fonseca Moretón. Este xurado alabou a alta calidade dos traballos presentados, resaltando a dificultade na escolla da obra premiada.

A entrega do premio estivo enmarcado nas Festas do Liceo, que se celebraron nesta fin de semana. O acto completouse cunha actuación da Coral do Liceo, que interpretou obras literarias musicalizadas, na súa maioría poesía.