No marco das actividades abertas ao público do I Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador”, a Fundación Carlos Casares organiza unha ruta literaria polo Vigo literario titulado “Non morrerán fermosos”. Nela, Gustavo A. Garrido irá relatando anécdotas e fitos relacionados con autores e autoras da escrita local e universal. Será o xoves día 1 de novembro de 17.30 a 19.00 horas, comezando en Urzaiz, nº 1, cunha duración aproximada de 90 minutos. Cela, Hemingway, Blanco Amor, Cunqueiro, Verne e outros escritores famosos estarán presentes neste roteiro cheo de sorprendentes historias, moitas delas descoñecidas para os habitantes da cidade olívica.

O acto é aberto e gratuíto.