L852_S3_Domi_Roujou_BN“Con uva boa fai viño calquera”, recollía no seu blogue Xosé Lois Sebio (Viños de encostas), un dos invitados á primeira parte do especial que o Café Voltaire está dedicou ao proxecto Viño con raíces, do fotógrafo Michael Kopa. Un dito popular do labrego de viña que nos serve para ilustrar o reto dos adegueiros de terroir: levar a viña por onde ela quere, aproveitar o chan, distraer a xiada, misturar con equilibrio.

L859_S3_Domi_Roujou_320KBDominique Roujou de Boubée e Laura Montero asesoran desde Terroire en botella o proceso de obtención dun viño con personalidade, afinado ao máximo coa terra que o alimenta. Dominique é doutor en Enoloxía pola Universidade de Budeos (II) e Laura é enxeñeiro agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid. Ambos os dous acumulan unha longa experiencia en adegas de diferentes tamaños e zonas: Burdeos, Girona,  Almería, Valencia, Extremadura… e agora na viñas das Rías Baixas e Valdeorras. Para Dominique Galicia é o solo perfecto para os viños de terroir, a complexa xeografía do país, o seu clima e, incluso, a atomización das fincas, permite a explotación dun amplo abano de oportunidades que, por riba, teñen unha excelente acollida no mercado. Presentounos, como exemplo, un Godello de Valdeorras completo, cen por cen, Audacia 2011 e un Albariño do Salnés, As Bateas 2012.

L865_S3_Felici_Pereira_300KB

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O enólogo Felicísimo Pereira, que ten un profundo coñecemento do Ribeiro, como xa o demostrou como autor de Casal de Armán e Casal de Paula , mostrounos dous exemplos do que se pode facer coa Treixadura: Agás do Tempo 2013, cen por cen a famosa uva, e El Paraguas 2011 e 2012, unha proposta compartida con Marcial Pita á que lle incorpora Godello e Albariño. Estas viñas sitúanse en Ribadavia, no corarón do Ribeiro, onde pequenas montañas protexen a uva dos cambios bruscos de vento e temperatura, razón pola que este viño foi chamado así.

L867_S3_Aristegui_Traste_460B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

José Luis Aristegui presentou un único viño, Traste 2013, construido a base de Garnacha tintoreira e Mencía, como resultado de uvas de diferentes parcelas con diferentes orientacións e ubicacións. A inusual base de Garnacha, froito dunhas parras centenarias destinadas ao granel e que os técnicos aconsellaban subtituír, consegue sublimar o cerne dos viños de terroir: a forza está na orixe da uva. A adega Aristegui Anido ten as viñas a 300 m sobre o nivel do mar, nas abas dos montes de A Rúa, na D.O. Valdeorras.

L869_S3_Aristegui_450KB

Ramón Marco, copropietario de Adegas Cruceiro, xunto con Puri Pérez, trouxeron desde a Ribeira Sacra de Sober dúas versións da seu último viño, o Cruceiro 2013, con Mencía e Merenzao, e Cruceiro Regio 2011, que equilibra uvas Mencía, Caíño e Albarello, e leva un paso por barrica.

L874_Ramon_Marcos_350KB

A adega está situada no lugar de Vilarchá e ten cepas de máis de vinte anos situadas nos socalcos do Sil, na subzona de Amandi, onde un se explica de onde ven o cualificativo de “viticultura heroica”.

L876_xente_350KBOs bocados foron da man do chef Miguel Oliveira, que repetiu as receitas da primeira parte, para non estorbar a cata e permitir aos novos asistentes unha experiencia similar á da semana anterior.