cc_ex_libris_cDende hai uns días o sitio web da Fundación Carlos Casares volve estar operativo despois de varios meses de actualización e probas. A pesar de que aínda segue en fase de probas, e quedan aspectos de deseño e material que ir pulindo, pódese consultar toda a información relativa á nosa entidade e ás actividades que realiza.

REDESEÑO DE MENÚS E CONTIDOS

Os menús divídense en aspectos relacionados coa Fundación (estatutos, padroado, Amigos da Fundación…), información sobre Carlos Casares (biografía, bibliografía, recursos, homenaxes, etc.) e información xenérica sobre as principais actividades que desenvolve a fundación dende os seus inicios.

Co tempo irán engadíndose máis contidos, relacionados principalmente coa figura do escritor ourensán (gravacións audiovisuais, fragmentos de obras, material gráfico, enlaces con información adicional, estudos académicos…), así como na sección de “Mediateca” da fundación, onde se irá poñendo a disposición do visitante material audiovisual dalgunhas actividades que, dende 2003 se veñen desenvolvendo.