O suicidio do vital e atractivo Carlos aos 27 anos de idade desencadea os mecanismos do recordo en Helena, a muller que o atopou deitado na bañeira despois de se pegar un tiro. Helena, amiga do finado desde a infancia, repasa unha historia común que se remonta aos anos da nenez e as vacacións de verán compartidas.

Nostálxica, sentimental e tecida sobre o pano da memoria, O sol do verán reflicte a madurez absoluta do Casares narrador. Botando man dun monólogo interior moi medido e cun dominio maxistral na dosificación dos acontecementos, a novela vai desvelando unha complexa trama de relacións persoais, familiares e amorosas, matizadas pola represión moral, na que Helena vai afondando no seu intento de atopar sentido á traxedia. Casares emprega os longos estíos da infancia como metáfora da dura aprendizaxe vital neste texto publicado por Galaxia en 2002, de xeito póstumo.

O sol do verán gañou o Premio Nacional da Crítica no ano da súa edición.

Dixeron del

Un romance de madurez, que te engancha dende a primeira páxina.
Víctor F. Freixanes, escritor e editor

[…] el entramado familiar[…] añade otra interesante dimensión –ideológica, moral– a la novela, al plantear una oposición entre los personajes tradicionales, de mente inquisitorial y catolicismo preconciliar, típico producto de la España de los años cuarenta y cincuenta, y los sanamente vitalistas, como el propio Carlos, los que defienden «la verdad de ser y de sentir», según la cita de Camus que encabeza la novela. Carlos los llama traidores y cheyennes; Cortázar habría dicho famas y cronopios.
Ángel Vivas, Revista de Letras