“Minutos antes de morrer bromeu e mesmo botou algunha risa. Era o 9 de marzo pola mañanciña.”

Fai hoxe 15 anos, Carlos Casares marchaba. Nos días e meses seguintes, as mostras de cariño e homenaxe sentida inundaron todos os medios de comunicación. Como reflexo do impacto que supuxo a morte de Carlos Casares, queremos compartir un documento no que se recollen os primeiros artigos saídos do corazón daquelas persoas que compartiron a súa vida nalgún momento: amigos, compañeiros, políticos, persoeiros da cultura de dentro e fóra de Galicia…

O seu talento coas letras, o seu talante coas persoas, e a súa ollada tan pegada á infancia que tan ben sabía reflectir nos seus contos infantís, o humor, o cariño, a loita pola lingua, o compromiso por Galicia e pola cultura… Todos estes aspectos aparecen nas seguintes palabras. Moitas grazas.


Enlace: “As obras de Carlos Casares foron unha ponte entre a tradición e a modernidade”

Enlace: “Dez anos sen Carlos Casares”. Páxina da Fundación sobre o décimo aniversario.