O noso amigo Luís G. Tosar vén de nos informar que o monumento titulado “Vento ferido”, da autoría de Manuel Buciños, e dedicado á memoria de Carlos Casares, xa está completamente rematada. Instalado na Ínsua dos Poetas e inaugurado no pasado mes de xullo, debido a motivos técnicos de última hora non fora posible completarse a instalación do conxunto escultórico. Naquel momento faltaba un dos elementos fundamentais: o libro, coa frase de Carlos Casares “Galicia, país de palabras”.

Tras a finalización da montaxe, tan só resta o acondicionamento da contorna do conxunto escultórico, que será realizado a partir do outono. Este esforzo foi posible grazas á Fundación Ínsa dos Poetas, co fin de perpetuar a memoria de Carlos Casares e difundir a súa obra.