Durante os últimos días de decembro presentáronse varias publicacións sobre Carlos Casares que supoñen o broche perfecto para dar o remate definitivo ao Ano das Letras Galegas dedicados ao escritor ourensán. Por unha parte, o Parlamento de Galicia edita

Pola súa parte, e grazas á Deputación Provincial de Ourense, saíron do prelo as seguintes publicacións:

  • Carlos Casares e Marcos Valcárcel. Homenaxe dunha amizade
  • Carlos Casares (1941-2002). Legado dun escritor
  • Número 13 da revista Cadernos culturais do Limia

Con estas edicións afóndase máis na ourensanía de Carlos Casares e a súa relación coas persoas que configuraron a súa carreira e o seu labor cultural por Galicia.

Tamén houbo algúns actos de grande importancia que supuxeron o remate axeitado dun ano cheo de actividades culturais ao redor do escritor ourensán. Por unha parte, o acto de peche do Ano Casares en Xinzo de Limia, o pasado día 22 de decembro, coa entrega de premios de xornalismo e dos de deseño da portada de Vento ferido. E por outro lado, os actos de homenaxe a Carlos Casares en Vilar de Santos, o día 27 de decembro, coa entrega de premios do II Certame de Creación Literaria e Creación Plástica Carlos Casares e a presentación do número 13 da revista Lethes, Cadernos Culturais do Limia. No citado número recóllense as achegas de máis dunha ducia de escritores e escritoras limiás que asistiron ao encontro celebrado na pasada primavera no Museo Etnográfico da Limia. Tamén recolle os traballos dos alumnos premiados no II Certame “Carlos Casares”.

A última das actividades do Día das Letras Galegas 2017 foi a inauguración da exposición “Os mundos de Carlos Casares” no seu espazo permanente en Xinzo de Limia o venres 29 de decembro. A grande exposición das Letras descansa xa no baixo do Museo Galego do Entroido da vila ourensá, completando así a variedade de actividades culturais que se poden realizar en Xinzo.

No acto de inauguración interviron o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín Arias; o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares; e o co-comisario da exposición Gustavo A. Garrido, quen desculpou a ausencia da súa compañeira de traballo, Chus Martínez.

Neste acto inaugural, multitudinario, participaron, ademais de veciños da vila, varios alcaldes de localidades galegas, así como tamén o deputado de cultura da Deputación de Ourense, Manuel Doval; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz; ou o concelleiro de cultura de Xinzo de Limia, Garlos Gómez Salgado, entre moitas outras persoas.

Neste emotivo acto de peche se anunciaron novos horizontes creativos e culturais a partir da figura de Carlos Casares como embaixador da ourensanía, abríndose a partir de 2018 unha nova etapa chea de retos e actos reivindicativos dunha figura poliédrica con aínda moitas sorpresas por brindar.