O pasado día 17 de maio, o Concello de Xinzo de Limia acolleu a entrega dos premios da Segunda Semana Cultural Carlos Casares. Nesta ocasión, o auditorio da Casa da Cultura da vila ourensá foi o escenario onde os distintos galardoados recibiron os premios, os vales e o recoñecemento polo seu labor artístico e cultural.

No concurso de debuxo, o primeiro premio levouno Xian Mera Gómez do CEIP Carlos Casares por “A galiña expresionista”. O segundo foille outorgado a Lois Rivero Méndez do CEIP de Sandiás por “Un popurrí de coloríns”. O xurado decidiu, pola calidade dos traballos presentados, conceder dous accésit a Aleix González Rodríguez e Carmen Chapado Novelle.

No concurso “A Limia é así” a gañadora foi Carla Domínguez Pérez do IES Lagoa de Antela por “É tradición e sentimento” e o segundo premio foi para Anass Nagihi Aboilibada, tamén do IES Lagoa de Antela, por “Un traxe con sentimentos”.

Tamén se entregaron os premios de narrativa curta, da man do limán Rafael Laso. Despois do acto, déuselle paso a música de bandas coa actuación da banda Santágueda de Coles e a banda infantil da Agrupación Musical da Limia.