Search Results

Os escuros soños de Clío

Carlos Casares, Publicacións

Os escuros soños de Clío

Viquingos sanguinarios, curas inquisidores, republicanos, fidalgos e masóns xúntanse nas páxinas d´Os escuros soños de Clío, un exercicio de ficción histórica en forma de pequenos relatos publicado orixinalmente por Edicións do Cerne en 1979. Nas súas páxinas preséntanse, con forte pegada cunqueiriana e a modo de descubertas bibliográficas cheas de humor erudito, as peripecias de dous guerreiros nórdicos, Torbjörn e Orm,…

Continuar
Actividades, Noticias, Publicacións

As últimas novidades editoriais sobre Carlos Casares

O remate das Letras Galegas 2017 deixou moitas e importantes novidades editoriais das que agora nos facemos eco. Xa durante o resto do ano foron aparecendo diferentes estudos, ensaios, artigos, homenaxes e adaptacións musicais ligados á figura de Carlos Casares, así como diversas publicacións de obra súa, nalgún caso inédita ata o momento. Entre as últimas publicacións do ano podemos…

Continuar
Noticias

Unha fervenza de actos en todo o país lembra a Casares durante o Día das Letras Galegas

Ademais dos actos centrais do Día das Letras, que se celebrarán en Xinzo de Limia arredor da sesión especial que alí levará a cabo a Real Academia Galega, a axenda de acontecementos espállase por toda Galicia, dando a medida da dimensión e o aprezo popular acadados pola figura de Carlos Casares. Xuntamos aquí algunhas das propostas dun calendario inabarcable co que…

Continuar
Carlos Casares, Noticias

Memoria de erros divertidos

É sabido que unha das cousas que máis lle gustaban a Carlos Casares era contar anécdotas divertidas, xa fora que lle sucederan a el ou das que el fora testemuña. Ou tamén que lle relataran e que logo enriquecía con algún punto de humor da súa colleita. Adoitaban nacer, estes feitos anómalos, de situacións absolutamente triviais que viraban de sentido…

Continuar