Axenda

Nov
2
Mar
“Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor” no IES María Soliño @ IES María Soliño
Nov 2 – Nov 16 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Nov
16
Mar
“Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” no IES A Paralaia @ IES A Paralaia
Nov 16 – Dec 3 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. hydra onion hydra onion Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Dec
4
Sáb
Exposición “Galicia Escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela” na Biblioteca de Gondomar @ Biblioteca de Gondomar
Dec 4 2021 – Xan 12 2022 all-day

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», <em>Vestvegr</em> en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o <em>Haervejen</em> en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”

Dec
9
Xov
Exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” no IES Illa de Ons @ IES Illa de Ons
Dec 9 2021 – Xan 19 2022 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. hydra onion hydra onion Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

Mar
8
Mar
20 anos sen Carlos Casares @ Liceo de Ourense
Mar 8 @ 8:00 PM – 9:30 PM

O Liceo de Ourense acollerá o vindeiro martes 8 de marzo ás 20 horas unha velada ao redor da literatura, a música e mais o teatro da mana de Xosé Carlos Caneiro, Mariana Carballal, María do Ceo e Hakan Casares.

O acto englóbase dentro das actividades que se van celebrar en Galicia durante 2022 en recordo do 20 cabodano de Carlos Casares.

Mar
10
Xov
Charla “20 anos sen Carlos Casares” @ Sala Luis Seoane do Edificio Multiusos de Catoira
Mar 10 @ 7:00 PM – 8:15 PM

O secretario da Fundación Carlos Casares, Gustavo Adolfo Garrido, desenvolverá o xoves 10 de marzo ás 19 horas unha charla sobre a vida, a obra e o legado de Carlos Casares no ano de celebración do seu 20 cabodano.

O acto terá lugar na Sala Celso Emilio Ferreiro do Edificio Multiusos de Catoira, con entrada libre ata completar aforo.

Abr
18
Lun
Exposición “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares” en Catoira @ Sala Luis Seoane do Edificio Multiusos de Catoira
Abr 18 – Abr 29 all-day

Inicialmente a exposición sobre a colección da obra O Principiño estaba incluída na exposición de maior tamaño titulada “Os mundos de Carlos Casares”. A súa magnitude e importancia supuxeron a súa separación noutra chamada “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares”. Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

“O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares” é unha exposición didáctica para público miúdo e adulto. Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo. Así mesmo, a exposición consta tamén de 4 paneis informativos de 2,20 m de alto e 1 tótem introdutorio. Os paneis céntranse na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

Enlace: Cartel da exposición.

Horarios: Do 18 ao 29 de abril de 2022 en horario de 10.30h a 12.30h e de 16.30h a 19.30h

Xuñ
17
Ven
Coordenadas 2022. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares @ Auditorio do Museo das Peregrinacións
Xuñ 17 – Xuñ 18 all-day

QUE É?

COORDENADAS é unha actividade literaria para Santiago de Compostela no ronsel dos Diálogos Literarios clásicos da Fundación Carlos Casares, que se desenvolveron desde 2004 a 2012 entre Mariñán (Bergondo) e Santiago de Compostela.

A súa adaptación ás novas circunstancias ten en conta tres eixes fundamentais: a evolución dos públicos, as tendencias do mercado editorial e o agromar de novas linguaxes. O seu campo de actuación é basicamente a literatura galega –en concreto a novela, o conto e mais o ensaio–, aínda que con extensións ás literaturas peninsulares e incluso ás literaturas europeas e americanas. Procúrase, xa que logo, tender pontes entre a literatura galega e a literatura mundial. Este ano búscase establecer un diálogo entre a literatura, a música, a arte urbana e as homenaxes a escritores e escritoras galegas, nunha edición con moitas sorpresas.

COORDENADAS é posible en especial grazas ao Concello de Santiago de Compostela, co seu apoio ao proxecto dende o primeiro momento. Tamén da Xunta de Galicia e, por suposto, á SELIC – Semana do Libro de Compostela, que, coa súa xenerosidade, permitiu que o evento teña lugar nun marco tan acaído para a ocasión. Vexa aquí o programa desta edición.

INFORMACIÓN

Datas: 17 e 18 de xuño de 2022.
Lugar: Auditorio do Museo das Peregrinacións (Praza de Praterías, 2) e tamén na Praza do Toural.

Xuñ
28
Mar
XVIII Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC 2022) @ Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC)
Xuñ 28 – Xul 1 all-day

A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, e coa colaboración do AGADIC, promove o XVIII Curso de Verán de Extensión Universitaria (CeMAC 2022) Cinema no bisturí. Deconstruíndo o audiovisual galego actual, unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaoito anos co curso Cine e literatura. Casares e o cine, e que veñen reunindo, no berce de Manuel Curros Enríquez, a cualificados especialistas e profesionais do sector para disertar ao redor das súas diferentes disciplinas.

O CeMAC2022 centrarase en coñecer e analizar as singularidades da ficción en formato filme a través de exemplos específicos e de éxito no audiovisual. Pero tamén analizará outros formatos, así como o proceso de consolidación do ecosistema audiovisual, do seu equilibrio industrial e creativo, e os pasos que se están a tomar para a súa normalización no país á marxe de soportes e formatos.

Participarán nas mesas profesionais en diversos aspectos creativos (fotografía, música, guión…) e tamén perfís profesionais das industrias culturais, co fin de analizar a situación do sector e as novas posibilidades transversais de actuación. Ao abeiro deste curso desenvolverase, por undécimo ano consecutivo, o Taller Audiovisual “Celanova, plató de ficción”, baixo a dirección de Paulino Pérez Feijoo. Esta experiencia, eminentemente práctica, está dirixida ao alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e ten como obxectivo a produción dunha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado.

Posibilidade de albergue e transporte gratuíto, pregunta no noso correo (fundaciocarloscasares@gmail.com)

Ago
22
Lun
Exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” en Mazaricos @ Casa da Cultura de Mazaricos
Ago 22 – Ago 30 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura da Casa da Cultura de Mazaricos:

  • Martes a sábado de 9 a 14 horas.
  • Domingo de 17 a 22 horas.

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Ago
30
Mar
Exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” en Cervo @ Escolas Vellas de Cervo
Ago 30 – Set 15 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura das Escolas Vellas de Cervo:

  • Luns a vernres de 11 a 14 horas.

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Set
16
Ven
Exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” en Muxía @ Multiusos A Camposa
Set 16 – Set 30 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura do Multiusos da Camposa:

  • Mércores a vernres de 11 a 15 horas e de 16 a 17.30 horas.

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Out
3
Lun
Exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” en Viana do Bolo @ Casa da Cultura de Viana do Bolo
Out 3 – Out 14 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura da Casa da Cultura de Viana do Bolo:

  • Luns a vernres de 16 a 21 horas.

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Out
17
Lun
“Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” na Biblioteca Central de Cangas @ Biblioteca Central de Cangas
Out 17 – Nov 2 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

ENLACE“Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (libro-guía dixital)

Exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” en San Sadurniño @ Sala de exposicións da Casa do Concello de San Sadurniño
Out 17 – Out 31 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura da Sala de Exposicións da Casa do Concello de San Sadurniño:

  • Luns a venres de 8.00 a 15.30 horas.

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Out
22
Sáb
Exposición “Galicia Escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela” Copy @ Sala de exposicións do Multiusos da Xunqueira
Out 22 – Nov 15 all-day

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», <em>Vestvegr</em> en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o <em>Haervejen</em> en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”

Feb
2
Xov
Exposición “Galicia Escandinava” no IES María Soliño @ IES María Soliño
Feb 2 – Feb 24 all-day

27
Mér
Exposición “Os Camiños de Carlos Casares” en Culleredo @ Xardín Botánico Ría do Burgo
Set 27 @ 4:47 PM – Out 26 @ 5:47 PM

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura para a visita:

  • Luns a venres de 18 a 21 horas
  • Sábados de 11 a 13 horas e de 17 a 21 horas.

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Set
28
Xov
V Xornadas Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal @ Museo MARCO Vigo
Set 28 – Set 30 all-day

As V Xornadas de Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal son unha das actividades anuais da Fundación Carlos Casares, que pretende, neste caso, abordar o sector cultural do lecer interactivo cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos. As Xornadas de Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais.

As charlas terán lugar no auditoiro os días 28 e 30 de setembro, e o venres 29 na galería do primeiro andar do museo. Como homenaxe especial, esta quinta edición contará co concerto de Elesky no cine Salesianos o venres 29 de setembro, con entrada tamén de balde ata completar aforo.

A entrada é de balde. É recomendable, en termos de aforo, que as persoas interesadas se apunten previamente na páxina web das Xornadas: www.videoxogoeliteratura.gal

Out
24
Mar
Exposición “As caras dos libros” na biblioteca de Soutomaior @ Biblioteca Pública Municipal Luis Seoane
Out 24 – Nov 24 all-day

O deseño da cuberta dun libro establece o primeiro diálogo entre o escritor ou escritora e o lector ou lectora a través da linguaxe plástica, combinando a composición textual e tipográfica, a imaxe, as cores e a mensaxe simbólica que presenta o título.

Os e as artistas e profesionais que se ocupan do deseño e ilustración das capas dos libros convértense, xa que logo, en provedores de contidos visuais, centrando na cuberta un reclamo cuxa función sedutora resulta vital, pois soporta o peso publicitario, así como da identidade da obra que se achega.

A Fundación Carlos Casares organiza a exposición “As caras dos libros. O deseño de cubertas na obra de Carlos Casares” na Biblioteca Pública Municipal Luis Seoane de Soutomaior. A mostra recolle, en 8 paneis informativos, información das cubertas das distintas edicións da obra de Carlos Casares (novela, ensaio, relato curto, literatura infantil e xuvenil, traducións, obra xornalística, guías literarias…). A mostra tamén presenta un display adicional con información sobre a estrutura externa e interna dun obxecto tan cotián como cheo de curiosidades que é o libro.

Nov
2
Xov
Exposición “Sorrisos por un mundo” no IES de Carral @ IES de Carral
Nov 2 – Nov 9 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde e nos permite aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

ENLACE“Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (libro-guía dixital)

Nov
16
Xov
Exposición “Sorrisos por un mundo” na Asociación Portas Ártabras da Coruña @ Portas Ártabras - Asociación dos Museos de Galicia
Nov 16 – Dec 15 all-day

O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns autores é a maior mostra de intelixencia que existe. Serve de axuda nos momentos difíciles e comprometidos, é capaz de alegrarnos o día, resulta beneficioso para a saúde permítenos aprender e ensinar valiosas leccións. Coa exposición “Sorrisos por un mundo. Carlos Casares e o humor”, a Fundación Carlos Casares pretende explicar os distintos aspectos do humor, e achegarnos ás interpretacións e usos que adoitamos darlle en Galicia, así como noutras partes do mundo.

De maneira máis concreta, a mostra afonda tamén sobre o tratamento do humor na vida e na obra de Carlos Casares. Sabemos que o escritor posuía un fino sentido do humor; notámolo facilmente nos seus contos infantís, na súas novelas e relatos e, sobre todo, nos comentarios que verquía na súa columna “Á marxe” de La Voz de Galicia. É un humor sinxelo que nace da intelixencia e da paixón polo ser humano, polo gusto de contar historias, que envolvía coa fina retranca da oralidade daquel xeito que tan ben se lle daba. Incluímos tamén unha serie de caricaturas do escritor e fotografías onde o escritor aparece en situacións cómicas. Aproveitamos, de paso, para botar un sorriso cómplice.

ENLACE: “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” (sitio web da exposición)

Nov
29
Mér
Exposición “Os Camiños de Carlos Casares” en Carballo @ Pazo da Cultura de Carballo
Nov 29 – Dec 30 all-day

A exposición “Os Camiños de Carlos Casares” recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe. A exposición, que forma parte do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, percorreu xa dez concellos galegos do Camiño de Santiago, para goce de peregrinos, turistas e cidadanía en xeral.

Horario de apertura para a visita e espazo de itinerancia:

  • Luns a sábado de 17 a 21 horas (agás festivos)
  • Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan s/n – 3º).

Enlace: Folleto da exposición / Cartel xenérico da exposición
Enlace: Twitter “Os Camiños de Carlos Casares”

Feb
15
Xov
Concurso de relatos “As laranxas que medraban en Nigrán”
Feb 15 – Mar 30 all-day

Dirixido a escolares de Nigrán e Panxón, o 2º Concurso Escolar Municipal de relato curto “As laranxas que medraban en Nigrán” terá lugar do 15 de febreiro ao 30 de marzo de 2024.

As persoas interesadas en participar deben ser alumnado dos centros de Nigrán (CEIP Humberto Juanes de Nigrán, Mallón, Carlos Casares de Vilariño, da Cruz en Camos, CPI Arquitecto Palacios en Panxón, Ángel de la Guarda en Priegue e Estudio de Chandebrito) e CEE Juan María de Parada e CEE de Panxón.

A historia debe xirar en torno a froitas animadas como protagonistas e o prazo de presentación de obras finaliza o 30 de marzo. A entrega de premios realizarase nunha gran gala o sábado 27 de abril no Auditorio Municipal, constando de cadanseu lote de libros para as 5 primeiras persoas clasificadas e diplomas para todas as participantes.

Enlace: Bases do concurso

Feb
19
Lun
Exposición “Sorrisos por un mundo” – IES de Rodeira @ IES de Rodeira
Feb 19 – Mar 11 all-day