Category

Área de Lingua

Actividades, Área de Lingua, Carlos Casares, Noticias

Carlos Casares e a fascinación dun mundo infantil no Día Europeo das Linguas

Varias actividades achegaron a figura, a obra e as paixóns de Carlos Casares. A exposición “O principiño ao redor do mundo. A coleccion de Carlos Casares” estivo na segunda quincena de setembro no CEIP de Cedeira (Redondela), onde o seu alumnado estivo realizando un gran número de actividades relacionadas coa mostra e a diversidade lingüística de todo o mundo. Por…

Continuar
Actividades, Área de Lingua, Cultura e Sociedade, Noticias

Valentín García Gómez e Fernando Ramallo no Foro Mugardos Lingua e Sociedade

Valentín García Gómez (Abades, Silleda, 1970) é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Administración Local pola mesma universidade. É responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada dende 1994, membro da Comisión de Seguemento do Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega e secretario da Fundación Castelao, entre outras responsabilidades…

Continuar
Actividades, Área de Lingua, Cultura e Sociedade, Noticias

Xosé Luís Barreiro e Gabriel Rei-Doval no Foro Mugardos Lingua e Sociedade

Entre as variadas e distintas voces que escoitaremos nas sesións do Foro Mugardos Lingua e Sociedade, que os vindeiros días 8 e 9 desenvolverán o tema do prestixio social do galego, están Xosé Luís Barreiro e mais Gabriel Rei-Doval, que xunto a Fernando Ramallo e Valentín García Gómez forman a lista de relatores galegos deste Foro. Xosé Luís Barreiro Rivas (Forcarei, 1949) é…

Continuar
Actividades, Área de Lingua, Cultura e Sociedade, Noticias

Glyn Williams e Joan A. Argenter estarán en Mugardos no Foro sobre Lingua e Sociedade

Os profesores Glyn Williams e Joan Argenter son os dous profesores foráneos que participarán os días 8 e 9 de outubro de 2010 no Foro Mugardos Lingua e Sociedade, onde teremos ocasión de escoitalos e dialogar con eles. Glyn Williams é profesor emérito de Socioloxía da Universidade de Gales, Bangor. Traballou tamén como profesor investigador nas universidades Ramón Llull, San Francisco, Cardiff, etc. Retirado…

Continuar
Actividades, Área de Lingua, Cultura e Sociedade, Noticias

Foro Mugardos Lingua e Sociedade

Unha das áreas de traballo da Fundación Carlos Casares, o Seminario Permanante de Lingua e Sociedade, desenvolve actividades dirixidas a fortalecer o proceso de normalización lingüística de Galicia, seguindo un dos mandatos fundacionais. Unha desas actividades é este Foro homónimo creado para afondar no estudo e análise das relacións entre a lingua e a sociedade. O Foro Mugardos Lingua e Sociedade, que este ano leva o título…

Continuar