Category

O Principiño ao redor do mundo

Artigos sobre a exposición “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares”

Actividades, Axenda, Exposicións, Noticias, O Principiño ao redor do mundo

“Os principiños” visitan o IES Carlos Casares de Vigo

A exposición “O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares” viaxará ao IES Carlos Casares, onde se poderá visitar dende o 16 de marzo e ata o mes de xuño. A mostra consta de máis de 100 exemplares en diversas linguas do mundo, así como outro material expositivo sobre Carlos Casares. Durante o tempo de exposición, o profesorado…

Continuar
Actividades, Exposicións, Noticias, O Principiño ao redor do mundo, Os mundos de Carlos Casares

Exposicións das coleccións de Casares percorren Galicia

Neste mes dedicado a recordar a figura de Carlos Casares tras dez anos do seu pasamento, a Fundación realiza unha serie de actividades de dinamización lingüística a través de varias exposicións, como “Os mundos de Carlos Casares” e “O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares”. “Os mundos de Carlos Casares” iniciaron este ano a súa andaina polo…

Continuar
Actividades, Exposicións, Noticias, O Principiño ao redor do mundo

A colección de Principiños de Carlos Casares, no MUPEGA

A partir de hoxe e ata finais do mes de maio, o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) acollerá a exposición “O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares“. A exposición está composta por un centenar de volumes da obra de Antoine de Saint-Exupéry en distintos idiomas do mundo e clasificados por familias lingüísticas, así como por varios paneis…

Continuar
Actividades, Exposicións, O Principiño ao redor do mundo

A exposición dos “Principiños” de Casares no Concello de Ourense

A partir do 22 de decembro, no Auditorio Municipal do Concello de Ourense, poderase visitar a exposición O principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares, na que se reúnen máis de 85 exemplares da obra de Saint-Exupéry en distintos idomas do mundo. Os exemplares foron coleccionados ao longo da súa vida por Carlos Casares, grande afeccionado do libro e tradutor…

Continuar