Category

Publicacións

Documentos publicados pola Fundación Carlos Casares

Carlos Casares, Publicacións

Á marxe, 1993. Obra xornalística II

É 1993 o primeiro ano completo no que as columnas de ‘Á marxe’ aparecen cada día na contraportada de La Voz de Galicia. Casares establece para entón a estrutura que dominará a maior parte das súas contribucións ao xornal: textos breves, de prosa case transparente, divididos en tres parágrafos e que serven xa como guía para o día a día…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Á marxe, 1992. Obra xornalística I

A Editorial Galaxia comezou ao pouco tempo de falecer Carlos Casares a recompilación dos artigos publicados por este no xornal La Voz de Galicia, un traballo que se abriu en 2005 coa edición deste Á marxe, 1992. Obra xornalística I. O espazo denominado ‘Á marxe’, que comezara a aparecer de xeito esporádico a finais dos anos oitenta, fíxose diario a…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

O galo de Antioquía

Carlos Casares publicou en 1994 o texto O galo de Antioquía, facendo parte da colección de relatos curtos ‘Os contos do Castromil’, patrocinada pola empresa de transportes. A obra, de 40 páxinas na súa reedición de 2003, é un bo resume de moitos dos temas tocados pola narrativa do autor ao longo da súa traxectoria: a intransixencia fronte a unha…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Gonzalo Torrente Ballester: o escritor, o amigo

Pouco despois do pasamento de Casares a Xunta de Galicia editou Gonzalo Torrente Ballester: o escritor, o amigo, nunha sorte de dobre homenaxe a ambos os dous autores. O texto central é a transcrición dunha conferencia que Casares pronunciou en decembro do ano 2000 en París, no Colexio de España, e, polo tanto, non resulta estritamente un texto biográfico. Trátase…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

A serie de Toribio

Adiantándose ao fenómeno das sagas literarias infantís, Carlos Casares encetou no arranque dos anos noventa a serie de libros nos que o protagonista é Toribio, un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Cheas de humor e imaxinación e marcadas polos fabulosos inventos do seu personaxe principal, as historias, sempre didácticas, reflicten unha das facetas da personalidade do…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Ramón Piñeiro

A figura de Ramón Piñeiro foi clave no difícil paso do deserto do galeguismo a través da ditadura de Franco. Entre as persoas ás que máis marcou o intelectual de Láncara estivo Carlos Casares, que lle dedicou en 1996 este breve volume editado pola Xunta de Galicia. Casares segue nestas páxinas a quen fora en tantos aspectos o seu mestre,…

Continuar