Cando:
25 Abril, 2017 @ 4:00 PM – 6:00 PM
2017-04-25T16:00:00+02:00
2017-04-25T18:00:00+02:00
Onde:
IES Alfredo Brañas
Rúa Vila de Corcubión
s/n
15102 Carballo
Custo:
Gratis
Contacto:
981700911

A Fundación Carlos Casares foi amablemente convidado polo alumnado do IES Alfredo Brañas de Carballo para visualizar a obra audiovisual feita por máis de 15 alumnas e alumnos da aula de PT, de atención á diversidade do centro, baixo a dirección da profesora Mónica Cores. Será Hakan Casares quen acoda en representación da entidade.

Posteriormente á estrea de “Carlos Casares, que crack!”, na que estará presente tamén o Concelleiro de Cultura de Carballo, as persoas que fixeron posible a curta falarán un pouco sobre o proxecto, e sortearanse agasallos relacionados con Carlos Casares.

A partir das 17 horas, Hakan Casares falará ante o alumnado do centro para relatar as historias de Carlos Casares dende o seu punto de vista persoal e próximo.