Cando:
23 Maio, 2017 – 8 Xuño, 2017 todo o día
2017-05-23T00:00:00+02:00
2017-06-09T00:00:00+02:00
Onde:
Centro Galego de Valencia
Carrer de València
46
Custo:
Gratis

Con esta exposición, a Fundación Carlos Casares profundiza aínda máis nunha faceta artística relativamente descoñecida do escritor ourensán, pero tan importante como relevante nalgunhas das súas obras literarias: a fotografía.
Esta é a primeira mostra que recolle fotografías tiradas polo propio Casares, así como outras nas que el mesmo aparece fotografado. Trátase dun conxunto de obras relacionadas con ámbitos como o familiar, onde existen retratos e autorretratos; como a fotografía de viaxes, unha actividade pola que o autor limiao sentía moito interese; ou de ámbito profesional, realizadas para unha obra de referencia como a Guía da provincia de Pontevedra, e nas que a súa temática xira en volta de aspectos culturais e tradicionais da nosa cultura.
Comisariado por Vítor Vaqueiro e Gustavo Adolfo Garrido, e baixo a coordinación técnica de Lara Bacelo, a exposición conta con máis de 40 instantáneas, así como material de coleccionismo relacionado coa fotografía (libros, cámaras antigas, etc.).