Cando:
3 Agosto, 2017 @ 9:00 AM – 2 Setembro, 2017 @ 2:00 PM
2017-08-03T09:00:00+02:00
2017-09-02T14:00:00+02:00
Onde:
Casa Galega da Cultura
Praza da Princesa
2 (36202
Vigo)
Custo:
Gratis

Con esta exposición, a Fundación Carlos Casares profundiza aínda máis nunha faceta artística relativamente descoñecida do escritor ourensán, pero tan importante como relevante nalgunhas das súas obras literarias: a fotografía.
Esta é a primeira mostra que recolle fotografías tiradas polo propio Casares, así como outras nas que el mesmo aparece fotografado. Trátase dun conxunto de obras relacionadas con ámbitos como o familiar, onde existen retratos e autorretratos; como a fotografía de viaxes, unha actividade pola que o autor limiao sentía moito interese; ou de ámbito profesional, realizadas para unha obra de referencia como a Guía da provincia de Pontevedra, e nas que a súa temática xira en volta de aspectos culturais e tradicionais da nosa cultura.
Comisariado por Vítor Vaqueiro e Gustavo Adolfo Garrido, e baixo a coordinación técnica de Lara Bacelo, a exposición conta con máis de 50 instantáneas e outros materiais gráficos.