When:
11 Outubro, 2021 – 9 Novembro, 2021 all-day
2021-10-11T00:00:00+02:00
2021-11-10T00:00:00+01:00
Where:
Universitetsbiblioteket (Universitetet I Oslo)
Georg Sverdrups hus
4.etasje

O día 11 de outubro quedou aberta a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do oeste a Santiago de Compostela”, na biblioteca de Humanidades da Universidade de Oslo (HumSam-Biblioteket, UBO-UiO), onde se poderá visitar ata o día 9 de novembro. Chega despois da súa itinerancia no Instituto Cervantes de Estocolmo (Suecia), onde estivo exposta durante o mes de setembro.

En Oslo a exposición vai enriquecida con 4 vitrinas con libros, obxectos e imaxes de temática xacobea norueguesa, dos fondos da biblioteca. Indicativos xacobeos conducen o visitante a través do espazo expositivo ata unha sala no piso inferior onde se levan a cabo actividades e actos culturais.

Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», Vestvegr en noruegués, que comezaba no porto danés de Ripe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o Haervejen en dinamarqués, ou «Camiño da tropa».  E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos; ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.

Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia escandinávica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.

Enlace: Exposición “Galicia Escandinava”