When:
17 Outubro, 2019 @ 11:00 AM – 12:00 PM
2019-10-17T11:00:00+02:00
2019-10-17T12:00:00+02:00
Where:
Facultade de Filoloxía e Tradución
ampus Lagoas Marcosende | 36310 Vigo |
Contact:
+34 986 812 251

O xoves 17 de outubro, o auditorio da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo acollerá un faladoiro sobre as novas traducións de Vento ferido, a ópera prima de Carlos Casares, do ano 1967.

No faladoiro estarán presentes Hakan Casares, fillo do escritor, Gustavo A. Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares, que falará do arquivo que a entidade custodia sobre o escritor; Iolanda Galanes, que salientará as diferentes traducións e tentativas de autotradución da obra; e tamén Jesús Moinhos, que vén de traducir a obra ao esperanto, que saíu ao prelo baixo o título de Vundita Vento.