When:
29 Marzo, 2017 – 28 Abril, 2017 all-day
2017-03-29T00:00:00+02:00
2017-04-29T00:00:00+02:00
Contact:
Federación de Asociacións de Mulleres Anaral
988332024

A Federación de Asociacións de Mulleres Anaral convoca a primeira edición do Certame de Relatos Curtos en Galego, ao que poden concorrer textos de temática libre, mais valoraranse aqueles que mencionen a figura do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2017, Carlos Casares. Os traballos deben ter unha extensión mínima dun folio e unha máxima de cinco, e deben entregarse antes das 14.30 horas do 28 de abril nas oficinas da Federación, nas Asociacións de Mulleres ou nos centros educativos da Pobra de Trives, Manzaneda, San Xoán de Río, Castro Caldelas e Viana do Bolo listados nas bases da convocatoria.

Haberá premios nas categorías de menores de 12 anos, de 13 a 17 anos e a partir dos 18, consistentes en bonos para mercar libros por 50, 70 e 100€ respectivamente.

BASES DO CONCURSO