When:
21 Abril, 2017 @ 8:00 PM – 9:30 PM
2017-04-21T20:00:00+02:00
2017-04-21T21:30:00+02:00
Where:
Asociación Cultural Rocha Forte
Rúa Serafín Zas
10. 15899 Rocha Vella - Santiago de Compostela
Cost:
Free

Grazas á colaboración da Fundación Carlos Casares, a Asociación Cultural Rocha Forte, da man de Carlos Delgado, confeccionou unha mostra representativa do deseño das portadas na obra de Carlos Casares. Trátase dunha pequena exposición que conta con unha selección de máis de 60 capas de libros do escritor ourensán en diferentes modalidades: como autor, tradutor, editor ou colaborador, así como algúns dos libros homenaxe tras a súa morte, con información sobre os deseñadores, os maquetadores e as ilustracións de portada. A exposición permanecerá na Asociación Cultural ata finais do mes de maio.