Cando:
10 Maio, 2017 @ 8:30 PM – 10:45 PM
2017-05-10T20:30:00+02:00
2017-05-10T22:45:00+02:00
Onde:
MARCO Vigo
Rúa do Príncipe
54

Integrada dentro do Café Voltaire, “O Sabor das Letras” realizouse en colaboración coa Agrupación de Amigos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) de 2010 a 2015, xuntando aspectos literarios, culturais e gastronómicos nunha rica maridaxe cos textos e as voces dos seus protagonistas. A actividade recupérase neste 2017 para celebrar o Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares.

Os coloquios e actividades dos Debates do Café Voltaire teñen a orixinalidade de procurar de xeito áxil e intenso temas actuais para presentar polos seus protagonistas. O Sabor das Letras presenta unha mestura de literatura, arte, cultura e gastronomía ideada co propósito de servir como ponte cultural entre Galicia e o mundo, entre a cultura galega e a universal, e como animación á lectura, e particularmente da lectura en galego. Tamén procura atraer á lingua e á cultura galegas –e á cultura universal en galego– a un público afastado da súa práctica cotiá ou afeito a unha práctica esporádica. Utilizouse, para isto, o vehículo da gastronomía e a participación de escollidos personaxes de prestixio literario, artístico, académico e profesional. Todo isto, nun ambiente cordial e distendido, como é o MARCO, no que transmitir os mellores valores da cultura galega e universal en galego.

Non é unha conferencia usual, senón que se van marcando tempos para degustar aquilo do que se fala ou insinúa (seis tempos), deixando algúns minutos para a recollida de cada servizo de bocado. A duración estimada de cada sesión é de 2 a 2,5 horas, que equivalería a unha charla de aproximadamente 45 minutos seguidos.