Cando:
10 Novembro, 2017 – 11 Novembro, 2017 todo o día
2017-11-10T00:00:00+01:00
2017-11-12T00:00:00+01:00
Onde:
CRPIH (San Roque, 2, Santiago) e Biblioteca Afundación (Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela)
Santiago de Compostela
Custo:
15€

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre Carlos Casares como educador e escritor de Literatura Infantil e Xuvenil. O obxectivo é salientar a importancia das súas obras na formación lectora no Ensino Infantil, Primario e Secundario e demostrar que son imprescindibles na planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. O custe do curso é de 15 € e o prazo de inscrición ao mesmo remata o día 9 de novembro.

Máis información e reservas: XIV Curso de Formación “Carlos Casares no ensino”