
Entre os séculos XII e XVI, miles de escandinavos peregrinaron a Santiago de Compostela para render culto ao Apóstolo. Había unha ruta marítima, o «Camiño do oeste», Vestvegr en noruegués, que comezaba no porto danés de Ribe. Había outra por terra, a través da península de Xutlandia, o Haervejen en dinamarqués, ou «Camiño da tropa». E había outra mixta usada polos suecos, de Estocolmo a Lübeck (Alemaña) por mar, e logo por terra xermana cara a Francia ou aos Países Baixos, ou embarcando en Roterdam con rumbo a Galicia.
Esta relación secular entre pobos tan distantes e diferentes enriqueceu o fenómeno xacobeo, deixando numerosas pegadas en ambos, sobre todo de Galicia e do culto ao Apóstolo nas terras escandinavas. É o que queremos mostrar nesta exposición: a Gallaecia scandinavica da que falaba o medievalista Vicente Almazán (1924-2006). A el e aos investigadores e estudosos que se ocuparon do fenómeno xacobeo vai dedicada esta proposta, a modo de homenaxe.
ENTRAR Á EXPOSICIÓN
IDIOMAS
ENLACES
- Folleto
- BUSCA-BUSCA - De 10 a 15 anos
CALENDARIO
> Concello de Carral (25 de xuño a 10 de xullo)
> Concello de Catoira (20 xullo a 8 de agosto)
VIDEO PROMOCIONAL DE PRESENTACIÓN
