fundacion Carlos Casares

 

 

Tlfs.: 986 225 785 - 986 229 834
Fax: 986 225 785
info@fundacioncarloscasares.org

Noticias

O documental do Taller Audiovisual pecha o VII Curso de Celanova

Xoves, 15 Xullo 2010

Este ano, o punto final do VII Curso Universitario de Comunicación Audiovisual de Celanova foi posto, o pasado venres, polos oito alumnos do grupo do Taller Audiovisual coordinado polo profesor Paulino Pérez Feijóo. Alba Colino, Alba Somoza, Alexander Martín, Eladio Aristóteles Vega, Lucía Blanco, Marcos García, Noelia Lage e Rebeca Domínguez presentaron o froito do seu traballo, […]

Dixitalización do Arquivo Persoal de Carlos Casares

Luns, 5 Xullo 2010

A Fundación Carlos Casares vén de asinar un convenio coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia que permitirá a dixitalización do arquivo persoal do escritor ourensán. O convenio, asinado o pasado luns, día 28 de xuño, contempla a dixitalización, nunha primeira fase, de máis de 3.600 páxinas de manuscritos, mecanoscritos e apuntamentos orixinais de Carlos Casares e ata un […]

As preguntas no aire. Darío Villanueva fala de José Saramago

Venres, 25 Xuño 2010

En abril de 2004 a Fundación Carlos Casares tiña programado un acto en Vigo no que ían participar José Saramago e Darío Villanueva. Nel faríase a presentación da novela Ensayo sobre la lucidez do escritor portugués, que viña de saír do prelo. Debido a un repentino e grave problema de saúde de Saramago, o acto houbo de […]

Foise José Saramago, en silencio, dende o medio do mar

Domingo, 20 Xuño 2010

O venres, día 18,  José Saramago faleceu na súa casa de Tías, en Lanzarote. Foise en silencio, extendendo a súa habitual cortesía ao acto final. Partiu dende onde quixo, no medio dun mar que adoraba. Durante uns días, un río de palabras e de textos nos aliviarán a mágoa da súa perda, preparándonos para recuperar ao escritor en […]

Xesús Fraga pecha a primeira serie de “O sabor das letras”

Domingo, 20 Xuño 2010

Baixo o título Cea no 221b de Baker Street o escritor e xornalista Xesús Fraga conducíu, o xoves día 17, a quinta e última sesión do primeiro ciclo de “O sabor das letras”.  Fraga (Londres, 1971), lembrou a súa pasión polo famoso detective creado por Arthur Conan Doyle en 1887, Sherlock Holmes, compartida con Carlos Casares con quen mantivo interesantes […]

“Los laberintos del espejo” conta o lado escuro do xornalismo

Sábado, 12 Xuño 2010

O mércores, día 8,  presentamos en Santiago de Compostela a novela Los laberintos del espejo, que Alfonso Sobrado Palomares vén de publicar en Ediciones B. O acto, no que colaboraron tamén a Fundación Araguaney e propia editorial, contou coa presenza do escritor Manuel Rivas e mais de HÃ¥kan Casares, secretario da Fundación Carlos Casares, que arrouparon o […]

As fronteiras ambiguas V. Palabra lida, palabra recitada

Mércores, 9 Xuño 2010

A quinta e derradeira sesión dos VII Diálogos Literarios de Mariñán, celebrada na tarde do xoves, día 3, correu a cargo de Francesc Parcerisas e Miguel Anxo Fernán Vello, que foron introducidos por Román Raña, coordinador dos Diálogos. Foi o poeta e editor galego quen iniciou a reflexión: “a lectura en silencio descobre no poema […]

As fronteiras ambiguas IV. Prosa e poesía

Mércores, 9 Xuño 2010

Na cuarta sesión dos VII Diálogos Literarios de Mariñán, que se desenvoleu o xoves 3 de xuño, participaron Harkaitz Cano e José Luis García Martín, os cales trataron o tema das fronteiras entre a prosa e a poesía. A moderación correu a cargo do poeta e narrador Fran Alonso. 
O primeiro en falar foi Harkaitz Cano (Guipúzcoa, 1975), autor, entre outros, […]

Unha ollada á literatura vasca dende Mariñán

Martes, 8 Xuño 2010

 Nos Diálogos Literarios de Mariñán deste ano programouse, por primeira vez, unha tertulia de café monográfica, fóra das que se montan espontaneamente despois das comidas. A tertulia tivo lugar o martes, día 2, e foi coordinada por Jon Kortazar baixo o lema A literatura vasca. Perspectivas. Nela interviron activamente Javier Rojo, profesor da UPV/EHU  e crítico literario; Paulo Kortazar, escritor […]

As fronteiras ambiguas III. O texto e a vida

Xoves, 3 Xuño 2010

“O texto e a vida” foi o lema da terceira sesión dos Diálogos Literarios que organiza a Fundación Carlos Casares no Pazo de Mariñán, de onde toman o nome. Como é habitual, esta sesión é pública e celébrase no auditorio da Fundación Caixa Galicia na súa sede do Cantón Grande, na Coruña. Este ano xuntou […]

BUSCA NA NOSA WEB