fundacion Carlos Casares

 

 

Tlfs.: 986 225 785 - 986 229 834
Fax: 986 225 785
info@fundacioncarloscasares.org

Amigos da Fundación


AMIGOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES


Amigos da Fundación Carlos Casares quere ser un vieiro participativo que canalice os apoios e os desexos de cooperación coa Fundación e as súas actividades, respostando así á vontade expresada por moitas persoas e diversas institucións.

Ser Amigo da Fundación Carlos Casares conleva ter acceso a información periódica sobre a actividade desta entidade, ser convidado aos actos que celebre, recibir as publicacións que se realicen de balde ou con importantes descontos así como gozar doutros xeitos de participación directa.

Como ser Amigo da Fundación?
De ter interese en facer parte dos Amigos da Fundación Carlos Casares, só hai que enviar un correo electrónico para que poidamos contactar e solicitar os datos precisos.
De preferilo, tamén se pode facer mediante correo postal (r/ Elduayen 36, 2º andar; 36202 Vigo).

Faite Amigo da Fundación Carlos Casares: info@fundacioncarloscasares.org