RECURSOS DIDÁCTICOS

Accede a varios recursos propios e alleos sobre a figura e a obra de Carlos Casares.

des_casares.jpgAcerca do autor

Carlos Casares

A Fundación naceu en 2002 animada polo espírito que inspirou a vida e a obra de Carlos Casares, sendo a súa pretensión constituírse nunha instancia para a reflexión sobre a sociedade e a cultura galegas.

Cronoloxía de Carlos Casares
Actividades, Área de Diálogo Intercultural, Cultura e Sociedade

A Fundación Carlos Casares na mellora da accesibilidade cultural

O museo de Serralves e a Fundação da Associação de Empresarios de Portugal (FAEP) acolleron durante os pasados días 15 e 16 de decembro unha reunión transnacional do proxecto europeo Erasmus+ “ALLURE” (Alfabetización Liberadora: accesibilidade Universal en Recursos culturais para a Educación permanente), da que forma parte a Fundación Carlos Casares. O proxecto, composto por un equipo de profesionais multidisciplinares…

Continuar
Actividades, Área de Lingua, Axenda, Carlos Casares

Certames fotográficos e de relato curto sobre Carlos Casares en Nigrán

O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboran para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura e a obra de Carlos Casares entre a mocidade de Nigrán en dúas das súas principais paixóns: a literatura e a fotografía. Froito desta colaboración é a convocatoria de “Carlos Casares: no camiño das artes”, dous concursos, un de relato curto…

Continuar
Noticias

A galiña azul volve falar en ucraíno

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu a presentación da edición d’A galiña azul na súa tradución ao ucraíno, como parte da colaboración que a entidade e a familia do escritor desenvolven coa Xunta de Galicia para fornecer de material educativo e cultural galego ao alumnado ucraíno refuxiado en Galicia que, neste momento, alcanza os 700 escolares. A obra…

Continuar
Actividades, Diálogos Literarios, Noticias

Publicados os videoensaios en homenaxe a Bieito Iglesias e Helena Villar Janeiro

A Fundación Carlos Casares desenvolve, dende o ano 2021, o proxecto “Coordenadas”, un diálogo entre a literatura e as artes, coa intención de provocar sinerxías creativas accesibles a través de todos os sentidos. Nesta actividade danse cita escritores, músicos, actores e actrices, pintores e realizadores, galegos e foráneos, para mostrar a súa obra e cruzar experiencias. En cada edición homenaxeamos,…

Continuar
Actividades, CeMAC, Noticias

O audiovisual galego baixo o bisturí dos seus protagonistas no CeMAC 2022

A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, e coa colaboración do AGADIC, promove o XVIII Curso de Verán de Extensión Universitaria (CeMAC 2022) Cinema no bisturí. Deconstruíndo o audiovisual galego actual, unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaoito anos co curso Cine e literatura. Casares e…

Continuar