Tag

bibliografía

Carlos Casares, Publicacións

Á marxe, 1995. Obra xornalística IV

A produción xornalística de Carlos Casares continuou en 1995 a través da súa columna ‘Á marxe’, a ventá á que cada día se asomaba nas páxinas de La Voz de Galicia para conversar coa que, xa por entón, era unha lexión de seguidores. Para este ano, a estrutura e o ton do artigo estaba completamente establecida: un comentario relaxado, con…

Continuar
Carlos Casares, Noticias, Publicacións

Á marxe, 1994. Obra xornalística III

Galaxia publicou en 2006 o terceiro volume que xunta as columnas de Carlos Casares en La Voz de Galicia, baixo o título Á marxe, 1994. Obra xornalística III. O libro recolle a cita diaria do escritor cos lectores do xornal, que por entón esperan xa cada mañá estas pezas, da extensión xusta para gozar mentres se toma un café, como…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Conversas con Ánxel Fole

Editado por Galaxia en 1984, Conversas con Ánxel Fole é a transcrición feita por Carlos Casares dunha charla mantida en Lugo, en xaneiro de 1983, co gran autor da narrativa breve galega. O libro, escrito coa mestría e a precisión casariana, reflicte un momento no que a calquera amante das boas historias lle gustaría ter estado: unha conversa chea de anécdotas incribles…

Continuar
Carlos Casares, Noticias

Otero Pedrayo

O estudo sobre Ramón Otero Pedrayo culminou en 1981 a serie de biografías sobre persoeiros galegos que Carlos Casares Mouriño escribiu para a colección Conciencia de Galicia, editada por Galaxia. Trátase neste caso dunha obra de maior extensión e detalle que as dúas anteriores, centradas en Manuel Curros Enríquez e Vicente Risco. Nela, a precisión do biógrafo imprégnase da sensibilidade…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Curros Enríquez

A figura de Manuel Curros Enríquez foi a primeira das estudadas por Carlos Casares para a colección Conciencia de Galicia, editada por Galaxia nos primeiros anos 80, á que achegou tamén biografías de persoeiros como Vicente Risco e Otero Pedrayo. Trátase dun libro de pequena extensión mais de gran fondura, pois achégase a unha personalidade tan atraente como enigmática, a…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Á marxe, 1993. Obra xornalística II

É 1993 o primeiro ano completo no que as columnas de ‘Á marxe’ aparecen cada día na contraportada de La Voz de Galicia. Casares establece para entón a estrutura que dominará a maior parte das súas contribucións ao xornal: textos breves, de prosa case transparente, divididos en tres parágrafos e que serven xa como guía para o día a día…

Continuar