Tag

bibliografía

Carlos Casares, Publicacións

A vida do Padre Sarmiento

A vida do Padre Sarmiento é un repaso pola existencia do ilustrado galego, Frei Martín Sarmiento, pensador adiantado ao seu tempo e precursor da defensa de Galicia, o seu idioma e a súa xente. Galaxia editou o volume en 2001, o ano previo a que o Día das Letras se lle dedicase ao frade pontevedrés. Casares bota man en boa…

Continuar
Carlos Casares, Noticias, Publicacións

Novas edicións e reimpresións recordan a vida e a obra de Carlos Casares

O Día das Letras dedicado a Carlos Casares comeza a dar os seus froitos bibliográficos coa edición de varias obras inéditas, libros sobre o autor e reimpresións longamente esperadas. Dúas biografías, escritas por bos coñecedores da vida e da obra de Casares, acaban de saír do prelo e diríxense a lectores de signo ben diferente. Por unha banda, Damián Villalaín,…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Hemingway en Galicia

Hemingway en Galicia xorde, como explica o seu autor no prefacio, da sorpresa que sentiu Carlos Casares ao atopar mencións a Galicia na obra do Premio Nobel de 1953. Explica Casares que este interese se iniciou sendo el estudante en Compostela, e que o levou a preguntar a amigos ben informados, como Ramón Pieñeiro ou Ricardo Carballo Calero, pola procedencia…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Un polbo xigante

Un home rememora o episodio que marcou a súa infancia: a desaparición do criado Nicolás mentres os dous pescaban, arrastrado ao fondo do mar por un mítico polbo xigante. Nun primeiro momento, o rapaz cre o que lle conta a Delfina: que o polbo non é outro que o xastre de Agüeiros, amante da troula, reencarnado e en busca que…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

O can Rin e o lobo Crispín

Rin é un can vello e forte que sabe falar (e rezar) en varios idiomas e se relaciona cos persoeiros máis importantes da provincia. Xeneroso e ben disposto, dunha vez vese na obriga de ir buscar ao médico para atender á doente Palmira de Ignacio. Camiño da casa da enferma aparece o malvado lobo Crispín, ao que Rin fará fronte…

Continuar
Carlos Casares, Publicacións

Lolo anda en bicicleta

Lolo quere que os Reis lle traian unha bicicleta, pero por máis que o intenta non o consegue. Así que decide empezar a practicar na do seu pai, un ciclista nefasto. Faino ás agachadas, no garaxe, con tanta insistencia e en tan pouco espazo que acaba por converterse nun fenómeno. Este novo libro infantil de Carlos Casares é, unha vez…

Continuar