Tag

Celanova

Actividades, CeMAC, Noticias, Publicacións

Conferencia de Luis Collado, de Google Books Search, en arquivo sonoro

Iniciamos, coa publicación do audio da conferencia que Luis Collado, responsable de Google Search Books para España e Portugal, impartiu en 2008 no Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, unha nova serie de documentos que coidamos de grande interese e utilidade. A conferencia, titulada “A experiencia de Google. Cara a onde camiña a rede”, realiza un achegamento histórico e conceptual ao…

Continuar
Actividades, CeMAC, Noticias

De volta do curso de Celanova

Xa estamos de volta de Celanova onde rematamos, o pasado venres 10, o VI Curso de Extensión Universitaria O audiovisual e as industrias culturais. Por el pasaron 31 relatores, en tres apretadas xornadas nas que os case medio centenar de matriculados tiveron á súa disposición unha selección de profesores, artistas e directivos de industrias culturais cos que debateron os temas…

Continuar
Actividades, CeMAC, Noticias

Os directores Manuel Abad e Ángel de la Cruz presentarán as súas obras en Celanova

Os directores premiados co “Mestre Mateo” 2008, Teo Manuel Abad e Ángel de la Cruz presentarán as súas longametraxes durante o VI Curso Universitario de Comunicación Audiovisual de Celanova. Abad, que recibíu o célebre galardón que outorga a Academia Galega do Audiovisual na categoría documental, estará o día 8 de xullo coa súa peza Flores tristes. De la Cruz, premiado…

Continuar
Actividades, CeMAC, Noticias

Enrique Bustamante e Emili Prado participarán no Curso de Celanova

A sexta edición do Curso Universitario de Comunicación Audiovisual de Celanova, que terá lugar os próximos días 8, 9 e 10 de xullo de 2009 no mosteiro de San Rosendo baixo o título O audiovisual e as industrias culturais, contará coa presenza, entre outros, dos catedráticos Enrique Bustamante e Emili Prado. Enrique Bustamante é Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade…

Continuar
Actividades, CeMAC, Noticias

O Curso de Celanova entre os da UVigo – Campus Ourense

O xoves 28 de maio, ás 11 horas no Centro Cultural da Deputación de Ourense (edificio Simeón) tivo lugar a presentación dos Cursos de Verán de Extensión Universitaria da Vicerreitoría do Campus de Ourense. Como cada ano, a nosa Fundación formará parte deles organizando, a través da súa Catedra Carlos Casares, o VI Curso Universitario de Verán de Comunicación Audiovisual,…

Continuar