Tag

Certames

Noticias

Certames de relatos e artigos xornalísticos en homenaxe a Carlos Casares

A figura de Carlos Casares será homenaxeada a través de múltiples certames literarios organizados ao longo do país nas próximas semanas. Asociacións culturais e cívicas, escolas, institutos e institucións promoven nestes días eventos deste tipo arredor do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Un exemplo é o premio que outorgarán o IES Afonso X O Sabio, de…

Continuar
Noticias

O CEIP Anxo da Garda da Coruña e o IES Carlos Casares de Vigo gañan o concurso-exposición da SXPL

O CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña e o IES Carlos Casares de Vigo foron os gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2017, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. O certame consistía na elaboración de 10  carteis sobre a obra do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras, e dun caderno didáctico interpretativo. O traballo gañador na categoría…

Continuar
Actividades, Noticias

Publicación de premios do Certame Carlos Casares na Limia

Con motivo da conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Carlos Casares, convocouse un concurso de creación plástica e de creación literaria, destinado a estudantes de educación infantil, primaria e secundaria, promovido conxuntamente polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares. Nos Colexios de Educación Infantil e Primaria, os escolares elaboraron as…

Continuar
Noticias

Yose Álvarez-Mesa gaña o XI Premio Carlos Casares de microrrelato

O pasado 26 de maio no Liceo de Ourense tivo lugar o acto literario de entrega do XI Premio Carlos Casares de microrrelato. O concurso, organizado pola entidade cultural ourensá está dotado cun premio de 1.500 euros, que recau este ano en Yose Álvarez-Mesa, polo seu traballo titulado “La cena de despedida”. O xurado estivo integrado polo presidente do Liceo, Maite González en…

Continuar
Noticias

Antón Riveiro Coello e Olga Novo, premios da crítica

Os Premios da Crítica do ano 2011, fallados este sábado en Soria, deixan en galego dous novos galardoados: Antón Riveiro Coello en narrativa e Olga Novo en poesía. Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) foi galardoado co Premio da Crítica 2012 en narrativa pola súa obra Laura no deserto. En catro relatos entrelazados con distintos escenarios e narradores, Riveiro…

Continuar