Tag

Encontros de Mondariz-Balneario

Actividades, Noticias

Última xornada dos Encontros de Mondariz-Balneario 2009

  A cuarta sesión dos VII Encontros, na terceira e derradeira xornada, estivo a cargo de Joao Medina e de Andrés Torres Queiruga. O profesor portugués reflexionou sobre a construción do laicismo luso, situándoo nun contexto histórico-cultural ao longo de tres réximes sucesivos: o liberal (1820-1910), o republicano parlamentar (1910-1926) e a ditadura nacionalista (1926-1974).  Esta última fase política institucionalizou…

Continuar
Actividades, Noticias

Segunda xornada dos Encontros de Mondariz-Balneario

A segunda xornada dos VII Encontros de Mondariz-Balneario reuniu na súa sesión matutina ao arcebispo de Pamplona e bispo de Tudela (emérito en ambas sedes) Monseñor Fernando Sebastián Aguilar, e mais ao profesor e filósofo Henri Peña-Ruíz. Monseñor Sebastián, na súa conferencia Cristiáns e cidadáns, falou do erro que se agocha na crenza de que o cristianismo é incompatible coa…

Continuar
Actividades, Noticias

Ridao, Pellicer e Ojea na primeira xornada dos Encontros

A primeira xornada dos VII Encontros de Mondariz-Balneario contou coa presenza do diplomático e ensaísta José María Ridao, a teóloga Carmen Pellicer e o escritor e diplomático retirado Gonzalo Puente Ojea. José María Ridao, que foi presentado polo filósofo Antón Baamonde, dedicou a súa ponencia O problema relixioso en España a facer un percorrido crítico pola historia de España, dende Isabel “a…

Continuar
Actividades, Noticias

Conferencia pública de Gregorio Peces-Barba

Encadrado nos VII Encontros de Mondariz-Balneario O César e Deus: relixión, laicidade e espazo público, o próximo mércores 21 de outubro ás 20 horas teremos a posibilidade de escoitar en conferencia pública a D. Gregorio Peces-Barba, que falará sobre “Laicidade e cidadanía”. Para aqueles que desexen acudir dende Vigo, existe a posibilidade de viaxar en microbus que sairá das inmediacións…

Continuar
Actividades, Noticias

Henri-Peña Ruíz nos VII Encontros de Mondariz-Balneario

A emancipación laica: feitos e principios. Este é o título do relatorio do profesor Henri Peña-Ruíz para a terceira sesión dos VII Encontros de Mondariz-Balneario, o próximo mércores 21 de outubro ás 10 horas. Peña-Ruíz compartirá mesa co arcebispo de Pamplona e bispo de Tudela (emérito en ambas sedes) Fernando Sebastián Aguilar.  Henri Peña-Ruíz é profesor e filósofo francés de…

Continuar
Actividades, Noticias

VII Encontros de Mondariz-Balneario

Baixo o título O César e Deus: relixión, laicidade e espazo público, os VII Encontros de Mondariz-Balneario pretenden demarcar o terreo sobre o cal erguer unha reflexión seria e rigorosa sobre as relacións que se establecen entre os poderes da Igrexa e do Estado. Este ano, os Encontros de Mondariz-Balneario terán lugar os días 20 a 22 de outubro no…

Continuar