Tag

homenaxes

Carlos Casares, Noticias

15 anos sen Carlos Casares

“Minutos antes de morrer bromeu e mesmo botou algunha risa. Era o 9 de marzo pola mañanciña.” Fai hoxe 15 anos, Carlos Casares marchaba. Nos días e meses seguintes, as mostras de cariño e homenaxe sentida inundaron todos os medios de comunicación. Como reflexo do impacto que supuxo a morte de Carlos Casares, queremos compartir un documento no que se…

Continuar
Carlos Casares, Noticias

Recordando a Carlos Casares en Nigrán

Co gallo da celebración do Día da Restauración Lingüística de Galicia, o sábado 29 o concello de Nigrán decidiu lembrar a Carlos Casares, veciño do municipio, que descansa no seu cemiterio desde hai catorce anos. Foi un acto sinxelo e xeneroso que consistiu nunha ofrenda floral realizada polo alcalde, Juan González Pérez, en presenza dos familiares do escritor, de membros…

Continuar
Noticias

A Marcos Valcárcel, no recordo e no corazón

En 2010, tal día como hoxe, coñeciamos a triste nova do falecemento de Marcos Valcárcel, un bo amigo e colaborador da Fundación, e un infatigable loitador pola lingua e a cultura de Galicia. Traemos aquí un pequeno texto de Marcos, a modo de homenaxe, onde fala do seu amigo Carlos Casares, co cal compartiu momentos irrepetibles. “FALADOIROS VIVOS A presenza…

Continuar
Noticias

Os IES Carlos Casares homenaxean o escritor en Vigo

A literatura consegue a maxia de que os escritores vivan polas súas obras. A homenaxe organizada hoxe día 22 a Carlos Casares, na que participaron os Institutos de Ensinanza Secundaria co nome do escritor ourensán, foi un bo exemplo disto. Casares estivo presente como se estivese sentado ao carón dos estudantes, cun sorriso limpo e retranqueiro. O acto de homenaxe,…

Continuar
Noticias

Homenaxe a Casares en Viana do Bolo

O venres día 15 pasámolo en Viana do Bolo, no IES Carlos Casares, onde a Fundación estivo representada polo seu vicepresidente, Xavier Casares Mouriño e mais o director xerente, Gustavo Adolfo Garrido.  Acudíamos a unha homenaxe que os profesores e alumnos do centro prepararon para lembrar, dez anos despois do seu pasamento, a quen fora alí profesor en 1969.  A…

Continuar
Noticias

Falece Xaime Isla Couto

Xaime Isla Couto, último representante do galeguismo histórico, faleceu onte día 25 de abril en Vigo aos 96 anos de idade. Nacido en Santiago de Compostela o 24 de outubro de 1915 nunha familia humilde, criouse en Vigo onde estudou bacharelato. Posteriormente realizou en Pontevedra os estudos de maxisterio e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Incorporouse…

Continuar