Tag

Kristina Berg

Actividades, Exposicións, Noticias

Catoira homenaxea a Kristina Berg

O día 10 de maio quedou inaugurada a mostra “Kristina Berg. Unha moza viquinga” na sala do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO) que leva o seu nome. Ao acto asistiron o comisario da mostra, Gustavo A. Garrido, o administrador da fundación, Håkan Olof Casares, o alcalde de Catoira, Alberto García e o tenente alcalde Javier César. O…

Continuar
Noticias

Cinco anos do pasamento de Kristina Berg

Onte 3 de xullo cumpríronse cinco anos sen Kristina Berg (Halmstad, Suecia, 1948). Moitos coñecerédela por ser a esposa de Carlos Casares. Pero tamén foi outras moitas cousas. Actriz, mariñeira, amazona. Escribiu tamén dous libros en galego, Dona Galicia (1979) e Un neno viquingo (1987), os dous publicados en Galaxia. Presidenta da Fundación Carlos Casares ate a data do seu pasamento, deixou unha fonda…

Continuar
Noticias

Falece en Vigo Kristina Berg

Esta mañá faleceu Kristina Berg Casares como consecuncia de complicacións no seu estado de saúde. Kristina Berg levaba ingresada nun centro hospitalario de Vigo desde hai dúas semanas por causa dunha neumonía e alí permanecía en estado grave aínda que estable. Despois dunha melloría que fixo albergar esperanzas dunha pronta recuperación, un derrame complicou o seu estado e venceu a súa…

Continuar
Noticias

Palabras de Kristina Berg en homenaxe a Marcos Valcárcel

Hai pouco máis de dous anos, o 29 de novembro de 2008, no acto de homenaxe que se lle brindaba a Marcos na súa cidade de Ourense, dixéronse moitas cousas fermosas del, cariñosas descricións das múltiples facetas da súa vida. Eu, oíndoas debullar unhas tras doutras, tiven a impresión de que todas xuntas non conseguían dar máis ca unha imaxe…

Continuar
Noticias

Visita anual a Galicia do buque escola Älva

O pasado luns, día 20, atracou no porto de Vigo, procedente da illa de Gernsey  (Canal da Manga, UK) o buque escola Älva. Abrigouse no porto vigués por cortesía da Autoridade Portuaria e da súa presidenta Corina Porro, que vén mantendo así esta tradición anual. O buque, que pertence ao centro de secundaria  Marina Läroverket de Estocolmo, estivo entre nós ata onte…

Continuar