Tag

literatura infantil

Carlos Casares, Publicacións

A serie de Toribio

Adiantándose ao fenómeno das sagas literarias infantís, Carlos Casares encetou no arranque dos anos noventa a serie de libros nos que o protagonista é Toribio, un neno de oito anos cun enxeño fóra do común. Cheas de humor e imaxinación e marcadas polos fabulosos inventos do seu personaxe principal, as historias, sempre didácticas, reflicten unha das facetas da personalidade do…

Continuar
Carlos Casares, Noticias, Publicacións

Novas edicións e reimpresións recordan a vida e a obra de Carlos Casares

O Día das Letras dedicado a Carlos Casares comeza a dar os seus froitos bibliográficos coa edición de varias obras inéditas, libros sobre o autor e reimpresións longamente esperadas. Dúas biografías, escritas por bos coñecedores da vida e da obra de Casares, acaban de saír do prelo e diríxense a lectores de signo ben diferente. Por unha banda, Damián Villalaín,…

Continuar
Carlos Casares, Noticias

A Academia reúne na web ‘Primavera das letras’ recursos didácticos e lúdicos sobre Casares

Carlos Casares publicou en 1968 A galiña azul, libro fundacional na literatura infantil galega, lido desde entón por milleiros de nenos do país. Tirando do fío desta obra pioneira, a Real Academia Galega acaba de poñer a punto a web Primavera das Letras 2017, na que se reúnen recursos didácticos e lúdicos, perfís biográficos e bibliográficos, textos e outros materiais…

Continuar
Noticias

C D G estrea hoxe en Ourense

Esta tarde, ás 20:30 horas, o Centro Dramático Galego estrea no Teatro Principal de Ourense  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, a famosa obra de Carlos Casares publicada pola editorial Galaxia en 1973 e que recibiu o premio da Asociación Cultural “O Facho” no certame de Literatura Dramática para a Infancia e a Mocidade, convocado ese mesmo ano. As…

Continuar
Actividades, Carlos Casares, Noticias

O “Lendo contigo” le a Carlos Casares

O club de lectura “Lendo contigo” celebrou este sábado 25, na súa sesión de febreiro, un acto dedicado ao relato infantil A galiña azul (Galaxia, 1968) de Carlos Casares. O acto, celebrado en Gondomar, tivo varias sorpresas relacionadas coa lectura do conto e nel participaron a presidenta da Fundación e viúva do escritor, Kristina Berg, e mais Gustavo Adolfo Garrido,…

Continuar
Actividades, Café Voltaire, Noticias

Queixo con mel na presentación de “A abella abesullona”

O pasado xoves 27 recibimos no local da Fundación a un nutrido grupo de amigos e lectores de Manuel Janeiro co gallo da presentación da súa última obra dirixida ao público infantil e xuvenil: A abella abesullona, recén publicada pola editorial Galaxia na súa colección Árbore. Franscisco Castro, coordinador de novos proxectos da editorial, comezou o acto felicitándose por contar cun escritor da…

Continuar