Conferencia do Profesor Jacques De Bruyne
Catedrático da Universidade de Gante

Convidado pola Fundación Carlos Casares, o Profesor Jacques De Bruyne, Catedrático da Universidade de Gante, impartiu o xoves 24 de xullo de 2003 una conferencia baixo o título “Ensaio de Quixotisofía”, na sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester en Santiago de Compostela. O Profesor De Bruyne foi presentado por Henrique Monteagudo, profesor de Filoloxía da Universidade de Santiago e Secretario do Consello da Cultura Galega.

Jacques De Bruyne é autor dunha Gramática del español, orixinalmente en holandés, de grande éxito internacional e traducida ao francés, inglés e alemán. En España publicou Eutraperlías del alfabeto español e numerosos artigos en publicacións científicas e académicas. Ten impartido cursos e conferencias sobre lingua e literatura española, reparando na obra de escritores como Miguel de Cervantes, Pío Baroja e Camilo José Cela. Foi proposto para o Premio Antonio de Nebrija e é membro correspondente da Real Academia Española.

debruyne_fgtb_web.jpg

Jacques De Bruyne