Liceo de Ourense – 16, 18, 19 novembro 2004

O Centro de Estudos ‘Carlos Casares’, extensión en Ourense da Fundación Carlos Casares, principiou a súa actividade na Cidade das Burgas coa celebración destas xornadas, nas que se pretendeu, ao tempo que evocar a obra xornalística de Carlos Casares, analizar a situación que observa na Galicia de hoxe ese xeito peculiar de escrita que, con certa e acaída vaguidade, pero tamén coa solidez outorgada pola tradición, dáse en chamar ‘xornalismo literario’.

PROGRAMA:

villalain_valcarcel_mazaira.jpgMartes, 16 de novembro

19.00 horas:  Presentación das xornadas “Carlos Casares e o xornalismo literario”
Andrés Mazaira (Vicerreitor de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo)
Marcos Valcárcel (Coordinador do Centro de Estudos ‘Carlos Casares’)
Damián Villalaín (Director da Fundación Carlos Casares)

 

iglesias_villalain_valcarcel_angueira.jpgConferencia inaugural: Carlos Casares no xornalismo literario galego
Marcos Valcárcel
Presenta: Damián Villalaín

20.00 horas: Mesa redonda: O xornalismo literario na prensa galega de hoxe
Marcos Valcárcel
Bieito Iglesias
Anxo Angueira
Modera: Damián Villalaín

cao_alonsopintos_nicolas_rguez.jpgXoves, 18 de novembro; 20 horas:

Mesa redonda: Na lembranza de ‘A ledicia de ler’: a crítica literaria na prensa galega
Manuel Rodríguez
Ramón Nicolás
Ramón Cao
Modera: Serafín Alonso Pintos
pavon_conde_mazaira_caneiro.jpgVenres, 19 de novembro; 20 horas:

Mesa redonda: De Cunqueiro a Casares: os escritores galegos e a prensa
Alfredo Conde
Xosé Carlos Caneiro
Lalo Pavón
Modera: Andrés Mazaira

Coordinador das xornadas:  Marcos Valcárcel (Coordinador do Centro de Estudos “Carlos Casares”).