11 xuño 2003; sede da Fundación Carlos Casares
C. Fernández, I. Lirola, M. Movilla, D. Villalaín.
Nesta primeira sesión da programación de ‘Os debates de Café Voltaire’, coa que a Fundación Carlos Casares principiaba a súas actividades públicas nas instalacións da daquela recentemente inaugurada sede provisoria na cidade de Vigo, cedida polo Concello desta cidade, participaron Isabel Lirola (Profesora de Dereito Público Internacional na Universidade de Santiago de Compostela e autora dunha monografía sobre a Corte Penal Internacional) e o avogado vigués Matías Movilla (membro da xunta directiva de “Xustiza e sociedade”). Ambos convidados foron presentados polo profesor de filosofía Carlos Fernández e por Damián Villalaín, Director da Fundación Carlos Casares.