A ELABORACIÓN E DIFUSIÓN DA LINGUA GALEGA
16 NOVEMBRO 2004; 19.30 horas
Presentación e debate sobre o libro O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua (Consello da Cultura Galega, 2004).
Presentan:
Iolanda Galanes
Bieito Silva
Moderador: Anxo Lorenzo
Partindo do citado libro, trátase de adentrarse en cuestións como o proceso de estandarización da lingua galega, o seu desenvolvemento terminolóxico, os materiais para o ensino do galego e outros aspectos clave na conformación lingüística do galego contemporáneo, atendendo asemade á vitalidade social do chamado ‘galego exterior’.
Bieito Silva é lingüista e profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Comisión Técnica de Lingua e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Entre as súas publicacións, salientan as adicadas á didáctica da lingua galega e ao uso do galego entre os escolares.
Iolanda Galanes é profesora na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e Presidenta da Sociedade Galega de Terminoloxía.
I. Galanes, A. Lorenzo, B. Silva
24 NOVEMBRO 2004; 19.30 horas
¿Qué futuro para o galego na mocidade?
Presentación e debate sobre o libro O galego segundo a mocidade (Real Academia Galega, 2004).
Presentan:
Ana Iglesias
Antonio Fernández Salgado
Xaquín Loredo Gutiérrez
María Isabel Suárez Fernández
Moderador: Anxo Lorenzo
O libro que centra este debate acadou un amplo eco nos medios de comunicación. A complexidade das actitudes lingüísticas da sociedade galega, e particularmente da súa mocidade, dan moito que falar cos autores deste revelador traballo de investigación.
Ana Iglesias é autora de Falar galego: no veo por qué.
Antonio Fernández Salgado é membro do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega.
Xaquín Loredo Gutiérrez é psicólogo.
María Isabel Suárez Fernández é socióloga. Participou nos traballos preparatorios dos plans de normalización lingüística dos concellos de Santiago de Compostela e Ferrol.
A. Fdez. Salgado, A. Iglesias, A. Lorenzo, X. Loredo, Mª I. Suárez
14 DECEMBRO 2004; 19.30 horas
Linguas e nacións de Europa
Debate sobre o libro Linguas e nacións de Europa, de Daniel Baggioni (Edicións Laiovento, 2004).
Presentan:
Anxo Lorenzo
Henrique Monteagudo
O libro de Daniel Baggioni fai un percorrido histórico pola configuración lingüística dos estados europeos, indagando nas ideoloxías que conduciron á conformación de estados lingüisticamente homoxéneos.
Anxo M. Lorenzo é profesor de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo, na que tamén dirixe a Área de Normalización Lingüística. É o coordinador do Seminario Permanente ‘Lingua e sociedade’ da Fundación Carlos Casares e membro do seu Consello Asesor.
H. Monteagudo, A. Lorenzo