Curso de Extensión Universitaria nº 2004554
Universidade de Vigo – Campus de Ourense

Director: Miguel Anxo Fernández
Celanova – 13, 14, 15 xullo 2004

Neste curso, xunto ao protagonismo dado á obra de Carlos Casares, houbo unha especial atención ás relacións entre cine e literatura, especialmente centradas no contexto galego por canto realizadores e escritores galegos, ben en común ou ben por separado, xa levaron a cabo con éxito algunha experiencia neste terreo.

Na intención do curso estivo tamén afondar no actual debate sobre os contidos audiovisuais e na importancia que as relacións entre os creadores de ambas especialidades artísticas –a audiovisual e a literaria– teñen para o futuro dun país que reivindica a súa identidade e con ela a súa diferenza.

Conferencias, encontros a dúas e a tres bandas en mesas redondas e proxeccións cinematográficas, mesmo nun video-fórum, conforman o armazón dun programa que tivo como marco de realización, na vila ourensá de Celanova, a Casa dos Poetas (casa natal de Curros Enríquez) e máis o mosteiro de San Rosende, onde se trataron diversos aspectos dese achegamento necesario entre o consolidado mundo da literatura e o novo medio audiovisual, que tanta importancia está a acadar en Galicia nos últimos anos.

A dirección do curso estivo ao cargo de Miguel Anxo Fernández, escritor, crítico cinematográfico e profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo, e nel participaron vinteseis ponentes de recoñecido criterio nos temas tratados.

O curso, dotado con cen prazas (vinte para o Obradoiro de Guión), contou cunha duración de trinta horas lectivas e está academicamente validado con dous créditos de libre elección pola Universidade de Vigo.

Este curso de verán, organizado pola Fundación Carlos Casares e o Vicerreitorado de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, estivo patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Celanova e a Cátedra ‘Carlos Casares’ da Universidade de Vigo.

PROGRAMA:

MARTES, 13 DE XULLO

10.00: Entrega de documentación

10.30: Saúdo e presentación:

Miguel Anxo Fernández (Director do curso, escritor, crítico cinematográfico e Profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo)
Andrés Mazaira (Vicerreitor de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo)
Damián Villalaín (Director da Fundación Carlos Casares).

mazaira_fdez_villalain.jpg

A. Mazaira, M. A. Fernández, D. Villalaín.

11.00 – 12.00: Conferencia: “¡Barbagelatta, non nos deas a lata! Carlos Casares, o cine, a literatura, a vida”

Marcos Valcárcel (Doutor en Xeografía e Historia e investigador)

marcos_valcarcel.jpg

M. Valcárcel.

12.00 – 13.30: Mesa redonda de guionistas: “¿Hai produto audiovisual a partir da obra de Carlos Casares?”

Carlos Ares (Guionista do grupo Zopilote)
Rosa Castro (Guionista de televisión)
Carlos Amil (Director e guionista de “Blanca Madison”)
Moderador: Pepe Coira (Director de desenvolvemento da produtora Voz Audiovisual)

ares_castro_coira_amil.jpg

C. Ares, R. Castro, C. Amil, P. Coira.

16.00 – 18.00: Mesa redonda a dúas bandas arredor de O lapis do carpinteiro.

Antón Reixa (Director do filme)
Manuel Rivas (Autor da novela)

rivas_reixa.jpg

M. Rivas, A. Reixa.

18.00 – 20.00: Mesa redonda a dúas bandas arredor de A lingua das volvoretas.

José Luis Cuerda (Director do filme)
Manuel Rivas (Autor do relato)

rivas_cuerda.jpg

M. Rivas, J. L. Cuerda.

22.30: Proxección cinematográfica de “O lapis do carpinteiro”
(España, 2003; versión en galego)

MÉRCORES, 14 DE XULLO

OBRADOIRO DE GUIÓN: “Arredor de Ilustrísima”
Dirixido por Ángel de la Cruz (Director e guionista)
Horario: (total: 6 horas) mañá: 10.00 – 14.00; tarde: 17.00 – 19.00

10.00 – 11.00: Conferencia: “Cine e literatura. O bucle do eterno retorno”.

Xosé Carlos Caneiro (Escritor)

caneiro.jpg

X. C. Caneiro.

11.00 – 12.00: Conferencia: “Fernández Flórez e Valle-Inclán ao cine español”.

Ángel Luis Hueso (Catedrático de Historia do Cine da Universidade de Santiago de Compostela)

hueso.jpg

A. L. Hueso.

12.00 – 13.30: Mesa redonda de produtores: ¿Cómo afrontar Ilustrísima en imaxes?

David Martínez (Director de Voz Audiovisual)
Pancho Casal (Director xeral de Continental Producciones)
Moncho Varela (Director de Pórtico de Comunicaciones)
Moderador: Nacho Varela (Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia)

casal_mtnez_nvarela_mvarela.jpg

P. Casal, D. Martínez, N. Varela, M. Varela.

16.30 – 18.30: Mesa redonda arredor de Romasanta.

Alfredo Conde (Autor da novela)
Paco Plaza (Director do filme)

conde_plaza.jpg

A. Conde, P. Plaza.

19.00 – 21.30: Video-fórum: “Santa Liberdade. Caderno da viaxe”.
Proxección da película e coloquio posterior

Margarita Ledo Andión (Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e directora do filme).

ledo_andion.jpg

M. Ledo.

22.30: Proxección cinematográfica de “Romasanta”
(España, 2004. Versión en galego)

XOVES, 15 DE XULLO

10.00 – 11.00: Conferencia: “Cambio en tres: Carlos Casares, Ourense e o cine”.

Luís Álvarez Pousa (Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela)

lapousa.jpg

L. A. Pousa.

11.00 – 12.00: Conferencia: “A literatura galega e o cine. De Curros Enríquez a Carlos Casares”.

Xosé María Paz Gago (Catedrático de Filoloxía da Universidade da Coruña).

xmpazgago.jpg

X. Mª. Paz Gago.

12.00 – 14.00: Mesa redonda a dúas bandas arredor de “O ano da carracha”.

Jorge Coira (Director do filme)
Carlos Portela (Guionista do filme)

coira_portela.jpg

J. Coira, C. Portela.

16.30 – 18.00: Mesa redonda de teóricos: “¿Garante a literatura galega contidos para o audiovisual en xeral?”

José Luis Castro de Paz (Profesor de Historia do Cine na Universidade de Vigo)
Camilo Franco (Escritor, xornalista e crítico teatral)
Rivadulla Corcón (Escritor e guionista)
Moderador: Xosé Nogueira (Historiador e Profesor da Universidade de Santiago de Compostela)

castro_franco_rivadulla_nogueira.jpg

J. L. Castro de Paz, C. Franco, Rivadulla Corcón, X. Nogueira.

18.30: Clausura do curso e entrega de certificacións.