Curso de Extensión Universitaria nº 2005553
Universidade de Vigo – Campus de Ourense
Director: Miguel Anxo Fernández
Celanova -12, 13, 14 xullo 2005
Dende a Fundación Carlos Casares e o Vicerreitorado de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, organizáronse as dúas primeiras edicións deste curso de verán centradas no audiovisual. A primeira adicouse ao Cine e a Literatura, a segunda á Ficción Televisiva. Coa importante incorporación na terceira edición do Consorcio Audiovisual de Galicia á nómina de promotores, xunto aos tradicionais apoios da Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Celanova, a vila celanovense aspira a converterse nun lugar de referencia para o debate e a reflexión arredor da imaxe.
O xénero documental non só está de moda por recuperar vitalidade e interese perante o público, senón tamén por ser o xeito máis eficaz de imaxinar a realidade no duplo sentido das dúas verbas: poñer a realidade en imaxes e, ao mesmo tempo, aplicar a creatividade dos autores sobre esa realidade, organizando e estruturando os materiais cunha determinada intención.
No programa do curso ‘Documental. Imaxinar a realidade’, dirixido polo profesor da Facultade de Comunicación Audiovisual do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández, procurouse acometer o fenómeno en varias frontes, dende a necesidade de coñecer algunhas das súas claves creativas máis contemporáneas, a evolución histórica e a situación actual no mercado, ata saber dos propios creadores polas súas verbas. O mesmo da televisión, como principal artífice da recuperación do xénero, que pola proxección de diferentes filmes, españois e galegos, nalgún caso inéditos. Dende os creadores xa veteranos ata os máis novos que veñen pedindo paso.
Durante primeira xornada do curso, aproveitouse un receso no desenvolvemento das sesións para asinar un convenio de colaboración para a organización de actividades no eido da formación audiovisual entre a Fundación Carlos Casares e o Consorcio Audiovisual de Galicia, representado no acto por Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia. O convenio ten como obxectivos, entre outros, a dinamización pública e proxección exterior do curso de extensión universitaria, xa que mediante a integración do Consorcio Audiovisual de Galicia na nómina de patrocinadores do curso poderán editarse en papel as actas correspondentes ás distintas ponencias e realizar as proxeccións abertas ao público no claustro do mosteiro de San Rosendo de Celanova. O convenio tamén acolle outras iniciativas encamiñadas á difusión e achegamento do eido audiovisual galego ao conxunto da nosa sociedade.
VIAXE POLO DOCUMENTAL HISTÓRICO GALEGO
Simultaneamente ao desenvolvemento do curso de extensión universitaria ‘Documental. Imaxinar a realidade’, no primeiro andar do mosteiro de San Rosendo de Celanova acolleuse un programa aberto ao público de proxeccións permanentes de documentais galegos procedentes dos fondos do Centro de Artes da Imaxe (CGAI). Trátase de filmacións de gran valor histórico recuperadas ou restauradas polo propio CGAI.
PROXECCIÓNS PÚBLICAS DE DOCUMENTAIS
Como complemento ao curso de extensión universitaria ‘Documental. Imaxinar a realidade’, no claustro do mosteiro de San Rosendo de Celanova realizáronse proxeccións nocturnas ao aire libre de documentais abertas ao público durante as tres xeiras de actividades. As proxeccións destes documentais estiveron acompañadas de candansúa presentación e comentario por parte dalgún do responsables de cada un dos proxectos, ben produtores, ben realizadores, ben presentadores. A derradeira destas proxeccións foi o documental “Celanova”, realizado durante o desenvolvemento do Curso ‘Documental. Imaxinar a realidade’ por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación Audiovisual do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
PROGRAMA:
MÉRCORES, 12 DE XULLO
9.30: Acreditación e recollida de documentación
Alumnos asistentes ao curso durante unha das sesións.
10.00: Saúdo e presentación do director do curso
Miguel Anxo Fernández (Director do curso, escritor, crítico cinematográfico e Profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo).
Juan Francisco Gálvez (Vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo).
Antonio Mouriño (Alcalde de Celanova).
Pedro Blanco Llano (Xerente da Fundación Carlos Casares).
P. Blanco, M. A. Fernández, J. F. Gálvez, A. Mouriño.
10.30: Conferencia: “Documental español contemporáneo’”
Jaime Pena (Historiador, Director do Centro Galego de Artes da Imaxe)
J. Pena.
11.30: Descanso
12.00: Conferencia: “A vinculación do documental coa política do ‘New Deal’”
Ángel Luis Hueso Montón (Catedrático de Historia do Cine da Universidade de Santiago de Compostela)
13.00: Conferencia: “Carlos Velo e o documental político: “Universidade comprometida””
Miguel Anxo Fernández (Crítico de cine e televisión e profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo)
16.30: Conferencia: “Panorámica do documental en Europa”
Josetxo Cerdán (Profesor titular da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona e Coordinador do Centre de la Imatge da Universidade Autónoma de Barcelona)
J. Cerdán.
18.00: Conferencia: “Documental e Guerra Civil”
José Luis Castro de Paz (Profesor titular de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo)
22.30: Proxección documental no claustro do mosteiro de San Rosendo:
“La casa de mi abuela” (Adán Aliaga. España, 2006)
Presenta: Xosé Zapata (Produtor IBCinema)
XOVES, 13 DE XULLO
10.00: Conferencia: “Percorrido histórico polo documental en Galicia”
Xosé Nogueira Otero (Profesor do Departamento de Historia da Arte –sección de Historia do Cine– da Universidade de Santiago de Compostela)
11.00: Descanso
11.30: Conferencia: “Presentación do proxecto “Docs” e comentario sobre a promoción e venda internacional de documentais audiovisuais”
Nacho Varela (Director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia)
Elena Mera (Directora de New Atlantis)
E. Mera, N. Varela.
13.00: Conferencia: “Arredor do documental “El cielo gira” (Mercedes Álvarez. España, 2004)”
Mercedes Álvarez (Realizadora do filme)
M. Álvarez.
16.30: Conferencia: “Imaxinar a perda”
Margarita Ledo Andión (Catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e realizadora cinematográfica)
M. Ledo Andión.
17.30: Mesa redonda: “Facer documental en Galicia”
Ignacio Vilar (Produtor de Vía Láctea)
Carmen de Miguel (Produtora de Continental Producciones)
Pepe Coira (Produtor de Filmax)
Xosé Zapata (Produtor de IBCinema)
Xan Leira (Produtor de Acuarela Comunicación)
Moderador: Miguel Castelo (Produtor de Abrago Filmes)
I. Vilar, X. Zapata, M. Castelo, P. Coira, X. Leira.
19.30: Descanso
20.00: Proxección documental; documentais españois
“El cielo gira” (Mercedes Álvarez. España, 2004)
Presentadora: Mercedes Álvarez (Realizadora do filme)
22.30: Proxección documental no claustro do mosteiro de San Rosendo;
documentais galegos
“Manuel María: fala e terra desta miña terra. A luz resucitada, 1984” (Margarita Ledo Andión. Galicia, 2006)
Presentadora: Margarita Ledo Andión (Realizadora do filme)
“Ciclo combinado”
(Nuria Castro, Sabela Pernas. Galicia, 2006)
Presentadora: Sabela Pernas (Realizadora do filme)
“Periféricos”
(Tamara Blanco, José A. Fernández Holgado, Carlos Méndez.
Galicia, 2006)
Presentador: Carlos Méndez (Realizador do filme)
VENRES, 14 DE XULLO
10.00: Conferencia: “Influencia e evolución tecnolóxica dos sistemas de captación e rexistro na elaboración do documental audiovisual”
Xaime Fandiño (Profesor titular de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo e realizador televisivo)
X. Fandiño.
11.00: Descanso
11.30: Conferencia: “A aventura de “Un país en la mochila””
José Antonio Labordeta (Cantautor, documentalista e político)
12.30: Conferencia e proxección: “Presentación e comentario da longametraxe documental inédita “Pic-nic” con selección de secuencias (Eloi Enciso. España, 2006)”
Estrea en España de “Pic-nic”
Eloi Enciso Cachafeiro (Director do filme)
Presentador: Xosé Zapata (Produtor IBCinema)
16.30: Conferencia: “O documental na Televisión de Galicia”
Eduardo Galán (Crítico e Director de programas da Televisión de Galicia)
17.30: Mesa redonda: “O documental nas mostras e festivais galegos”
Ángel Sánchez (Festival Play-doc)
José Luis Losa (Festival Cineuropa)
Nora Solá (Festival de Cine de Ourense)
Moderador: Miguel Anxo Fernández (Crítico de cine e televisión e profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo)
M. A. Fernández, A. Sánchez, J. L. Losa, N. Solá.
19.30: Acto de clausura e entrega de certificación
22.30: Proxección documental no claustro do mosteiro de San Rosendo:
“El maestrazgo de Teruel”
(Episodio de “Un país en la mochila” de Televisión Española)
Presentador: José Antonio Labordeta (Presentador do programa)
“Celanova”
(Documental realizado durante o desenvolvemento do curso “Documental. Imaxinar a realidade” por un equipo de alumnos da Facultade de Comunicación Audiovisual do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, dirixido por Xaime Fandiño)
Presentador: Xaime Fandiño