Joan Margarit en Mariñán

Joan Margarit vén de recibir o Premio Nacional de Poesía pola súa obra Casa de Misericòrdia. Dende a Fundación Carlos Casares congratulámonos do merecido galardón a este gran poeta catalán, bo amigo e home xeneroso, que no pasado xuño acudiu convidado aos V Diálogos Literarios de Mariñán, organizados pola nosa Fundación no pazo que a Deputación da Coruña ten en Bergondo. Na foto, tirada nunha das solainas do pazo, pode verse a Joan Margarit acompañado polos poetas Román Raña (coordinador dos Diálogos), Fernando Pinto de Amaral e Lasse Söderberg.

Joan Margarit naceu na comarca da Segarra (Lleida) o 11 de maio de 1938, e estudou arquitectura en Barcelona. Catedrático xubilado da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, Margarit é autor dunha ampla e meritoria obra poética en catalán.