O pasado día 30 de outubro faleceu Anxo Rei Ballesteros. Unha morte agardada mais non por iso menos sorprendente. Toda perda é inoportuna pero a de Anxo doe especialmente por temperán, por ocorrer en plena madurez creativa e cando se esperaban del novos froitos. Recordamos a Anxo nos Encontros de Mondariz Balneario e nos Diálogos de Mariñán, activi犀利士
dades da Fundación ás que nunca faltou, agás este ano, xa alcanzado pola sombra. A presenza de Anxo era garantía de riqueza e frescura dialéctica. As súas intervencións tiñan a propiedade de rachar o lugar común, de facer anacos o conformismo intelectual, devolvendo ao debate a forza dun rapaz novo. Falou moito e escribiu pouco, era a súa forma de entender o discurso. Era un home duro, de corpo resistente, temperado en moitas batallas da vida. Sensible, atento e cariñoso que devolvía con xenerosa atención o pouco que lle dabamos. Curioso e sempre diposto a compartir o seu saber enciclopédico. Contaba Casares unha conversa na que Ramón Piñeiro intentaba describirlle a Celestino Fernández de la Vega. Como a palabra “locuaz” parecíalle algo forte de máis, inventou o termo locutivo, que non lle acae mal a Rei Ballesteros. Casares tíñalle moito aprecio, como persoa e como escritor e animábao a publicar con máis frecuencia, pero Anxo disimulaba. Recordámolo nas tertulias do Café Voltaire, o seu sorriso pillabán e as súas mans de lexionario debuxando conceptos no aire. A Fundación e o seu Padroado participan da dor pola perda do amigo e queren enviar á súa familia o pequeno conforto do cariño campartido con Anxo tantos anos.