Antón Baamonde, Ramón Máiz e Jorge A. Yágüez nun momento do coloquio O mércores 4 de febreiro, ás 20 horas, na sede da Fundación Carlos Casares, tivo lugar a primeira conversa do Café Voltaire do ano 2009, titulada: “Federalismo multinacional: unha alternativa para Galicia”.

dscn5087-800×600.JPGNa conversa participaron Ramón Máiz (Catedrático de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela e autor do libro La frontera interior, VI Premio de Ensayo Miguel Espinosa), Antón Baamonde (profesor de filosofía e ensaísta), Xosé Luís Barreiro Rivas (profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela) e Jorge Álvarez Yágüez (Catedrático da Universidade de Vigo e escritor).