O noso querido amigo Marcos Varcárcel, vén de ser galardoado recentemente co premio PEN de Galicia 2009 pola súa defensa da liberdade de expresión e opinión a través do seu blog “As uvas na solaina“. Dende a Fundación congratulámonos do merecido galardón, un máis dunha longa lista que honra a carreira do profesor, xornalista e intelectual ourensán.

Perfil biográfico

Marcos Valcárcel (Ourense, 1958) é doutor en Historia Contemporánea e Catedrático de Lingua e Literatura Galega, membro correspondente da Real Academia Galega, membro do Consello Asesor da Fundación Carlos Casares, e o seu representante en Ourense, e dirixe a sección de Literatura do Liceo de Ourense. Colabora nos xornais La Región e Galicia Hoxe. Entre as súas obras, destacan A prensa de Ourense e a súa provincia, Carlos Casares, punto de encontro ou Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento.

Podedes ler unha magnífica entrevista a Marcos realizada por Natalia Álvarez e publicada o pasado xoves 5 de febreiro no Faro de Vigo.