Tras o interesante coloquio con Ramón Máiz o pasado día 4 de febreiro na Fundación Carlos Casares, constatouse que a distribución do último libro do autor, La frontera interior, que recentemente obtivo o VI Premio de Ensayo Miguel Espinosa, estaba a ser bastante deficiente no norte e oeste peninsular.
Unha vez recibidas algunhas peticións para adquirir o libro de parte de varias persoas interesadas na obra de Máiz, dende a Fundación decidimos preparar un pedido directamente á editorial. Ata o próximo día 28 de febreiro, aquelas persoas que desexen adquirir o libro La frontera interior poden enviar os seus datos (nome, teléfono, correo electrónico e enderezo postal) a info@fundacioncarloscasares.org, e serán incluídas no pedido.